Homenaxeouse á militancia nacionalista histórica no Sur de Lugo

• O BNG sumouse á conmemoración cunha charla coloquio na Casa da Cultura Lois Pereiro

O BNG tamén conmemorou o centenarioa da IV Asemblea Nacionalista. Foto Montero.

O BNG sumouse aos actos de conmemoración da IV Asemblea Nacionalista de Monforte que se celebraban o pasado sábado da man do Consello da Cultura Galega, a Fundación Otero Pedrayo e Fundación Vicente Risco, coa colaboración do Concello de Monforte, a Deputación de Lugo, Vicepresidencia de Cultura e Rurallure. E fíxoo organizando unha xornada cun interesante programa que tivo lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte, ao que só faltou Ana Pontón, debido ao naufraxio do Vila de Pitanxo, e que incluíu unha conferencia do director dá Cátedra de Memoria histórica dá UDC Uxío-Breogán Diéguez Cequiel sobre «A IV Asemblea Nacionalista e as Irmandades da Fala» e un coloquio no que se debateu sobre a militancia política durante a ditadura, nunha mesa conformada por Jose Manuel Rodríguez Martínez, Lois Dieguez Vázquez, Marisa Vázquez Barqueiro e Olalla Rodil, moderado por Rosa Ana Prieto.
Con posterioridade, tivo lugar ás portas de entrada do antigo mosteiro de San Vicente do Pino, unha homenaxe á militancia histórica no nacionalismo no sur de Lugo, no memo lugar no que se fixo a mítica foto da IV Asemblea Nacionalista en 1922, coa presenza de persoaxes tan significativos para á historia do nacionalismo galego como Castelao, Otero Pedrayo, Villar Ponte, Ánxel Casal, Antón Losada Diéguez, Manuel Antonio e Roberto Blanco Torres, entre outros. Coa presenza da vicevoceira nacional do BNG, Olalla Rodil, fíxose entrega dunha rosa a algúns dos principais protagonistas da militancia nacionalistano sur de Lugo durante as últimas decadas. Quixo o BNG render homenaxe a figuras coma Xosé Lois Cortés, Francisco Costa, Lois Diéguez, Alfonso Eiré, Xosé Estévez, Branca Neves Fernández, Manuel Figueiras, Xosé Figueroa, Saleta Goi, Xosé Lois López de Prado, Xosé Manuel López, Emilio López, Fina López Sueiro, Emilio Martínez, Francisco Xavier Moure, José Manuel Moure, Dores Nieves García, Xosé Manuel Pavón, Francisco Pardo Capón, Vicente Pardo Capón, Cosme Eladio Pombo, Xosé Manuel Rodríguez, Manuel Rodríguez Mosquera, Xan Antón Rodríguez Vázquez, Pilar Saavedra Codesido, Xosé Lois Soutelo Goiáns, Celsa Varela García, Fernando Carlos Varela García, Marisa Vázquez Barquero, Laura Vázquez Sobrado, Manuel Veiga Taboada ou Xesús Verao Pérez. Converteuse o evento nunha honra á memoria de outros moitos que tamén traballaron durante o franquismo abrindo o camiño nuns tempos difíciles. Algúns dos homenaxeados, que estaban presentes no acto, posaron nas escadas de entrada do actual Parador, emulando a aqueles que fai cen anos lles marcaron o camiño que percorreron na súa vida.•

Militantes nacionalistas históricos do Sur de Lugo, emulando a mítica foto da IV Asemblea Nacionalista. Foto BNG.

Cen anos soñando o destino

• Éxito da xornada de homenaxe e de estudo, coordinada, entre outros, pola profesora e poeta Olga Novo

Imaxe do acto inaugural das xornadas de estudo levadas a cabo na Casa da Cultura Lois Pereiro. Foto GGVDL..

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou na inauguración da xornada “Cen anos soñando o destino” organizada polo Consello da Cultura Galega para lembrar o centenario da IV Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Maite Ferreiro destacou “a necesidade deste tipo de actos de homenaxe, estudo e análise para ampliar e socializar o coñecemento do traballo que se levou adiante no ámbito das Irmandades da Fala e nas sucesivas asembleas nacionalistas, brutalmente interrumpido polo golpe de Estado do 36 e polo franquismo, que afogou o devir político, económico e cultural de Galiza”.
Tamén interveu a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, que destacou a implicación do Concello, “mantemos un compromiso coa cultura firme e decidido, e apoiar e fomentar xornadas como esta, que nos achega de forma directa o noso pasado, é fundamental, porque so coñecendo a nosa historia, poderemos construír axeitadamente o noso futuro”.
Houbo tamén unha lectura pública por parte de alumnado do IES A Pinguela de Monforte que, fronte ao Mosteiro de San Vicente, declamaron textos das persoas que participaron na IV Asemblea Nacionalista. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia rematou o 2021 cunha cifra record de exportacións superando os 25.000 millóns de euros

Seguinte Nova

Avances na candidatura a Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: