O Concello de Quiroga recupera a antiga tradición dos Cantos de Taberna

• Esta nova edición que se recupera despois de dous anos suspendida pola pandemia do Covid-19, desenvolverase o sábado 19 de marzo

O Concello de Quiroga, a través da Área de Xuventude, organiza unha nova actuación dos «Cantos de Taberna», co obxectivo da recuperación das nosas tradicións musicais. Os cantos nas tabernas foron unha maneira de divertimento, de ocio e un xeito de producir e manter a tradición musical da comarca.
Os cantos de taberna tiñan unha gran tradición en Galicia, eran o modo de entretemento tradicional nas cantinas, onde era típico que pandas de amigos non só compartisen as súas cuncas de viño, senón que tamén cantaban a capela ou ás veces acompañados dalgún instrumento vellas cancións e chanzas agora case esquecidas. Esta nova edición que se recupera despois de dous anos desenvolverase o sábado 19 de marzo. Nestes V Cantos de Taberna cada agrupación musical participante realizará unha actuación de 20 a 25 minutos en cada establecemento, e rematarán todos xuntos cunha gran foliada.Poden participar gratuitamente todas as agrupacións que o desexen cun mínimo de 5 participantes e un máximo de 12. Para inscribirse teñen que anotarse na Casa da Cultura antes do día 15 de marzo, ben persoalmente ou a través do telf: 982.43.51.25.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chegan fondos europeos para unha vivenda pública sostible e eficiente

Seguinte Nova

XXVII Concurso de deseño de Carteis das Festas Patronais 2022

A %d blogueros les gusta esto: