O Ministerio de Transportes adxudicou a mellora do túnel de Montefurado

• Chegan as primeras melloras de entidade á estrada Nacional 120 con obras de rexeneración e modernización das condicións de circulación y vialidad

Fixéronse de rogar, pero as primeiras actuacións de certa entidade na estrada N-120, xa comezan a ver a luz. Deste xeito, o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) ven de adxudicar por 8,1 millóns de euros (IVE incluído) as obras de adecuación e mellora das condicións de vialidad e circulación dos túneles de Villafranca, Trabadelo, e A Escrita, na autovía A-6, en León, e dos túneles de Piedrafita e Montefurado, na A-6 e na N-120, respectivamente, na provincia de Lugo. O anuncio publicarase proximamente no Boletín Oficial do Estado (BOE).
A actuacións, incluídas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, están encamiñadas a adaptar as infraestruturas galegas e leonesas aos requisitos de seguridade e vialidad establecidos no Real Decreto 635/2006, do 26 de maio, froito da transposición da Directiva 2004/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004.
Aínda que na actualidade os túneles contan cunhas condicións de explotación favorables, é necesario levar a cabo esta actuación para actualizar as súas instalacións.

PLAN DE RECUPERACIÓN TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA
As obras financiaranse con cargo ao PRTR, que conta con 357 millóns para adaptar as infraestruturas á normativa europea e mellorar a protección da fauna e dos usuarios vulnerables.
En concreto, financiará actuacións en túneles da RCE centradas na mellora das saídas de emerxencia, a sinalización, o balizamento, a iluminación, a ventilación, a instalación eléctrica, a protección antincendios, a drenaxe, a comunicación ou a xestión do tráfico, etc.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Avances na candidatura a Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

José Tomé, proclamado Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: