O PP de Monforte pide unha RPT

• Tamén critica a contabilización de preto de 3 millóns de euros en reparos, cualificándoos como gastos sen control

Katy Varela, voceira do PP, preocupada pola xestión de José Tomé. FOTO GPPP.

O PP de Monforte solicita no Pleno que o Concello elabore unha Relación de Postos de Traballo (RPT) por medio dunha consultora externa, e co fin de que esta poida ser aprobada canto antes. Os populares adoptaron esta decisión tras un ano dende que se emitiu o informe de Intervención no que reflictía a necesidade de contar con este documento, e dado que o concello continúa sen a RPT, consideran que están incumprindo con elo o estatuto básico do empregado público, a continúa xurisprudencia e o propio informe de do servizo de Intervención. Ademáis, critican que o Concello contabilizara en 2021 reparos de intervención por valor de 2.985.000 euros. Así o indica a voceira do Grupo Municipal do PP, Katy Varela, logo de examinar a documentación pertinente e de constatar que estes pagos se fixeron sen o procedemento legal establecido, e que corresponden na súa maior parte á licitación de servizos e de obras. Katy Varela amósase “profundamente preocupada pola xestión de Tomé” e considera “alarmante” que unha cuarta parte do Orzamento municipal se destine “a este tipo de gastos sen control”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

José Tomé, proclamado Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo

Seguinte Nova

Beatriz Busto presentou na Pobra o seu libro sobre as pioneiras Pandereteiras de Mens

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss