Protagonismo do sur de Lugo na gala dos Premios Goya deste ano

• O soberino Chechu Salgado obtivo o Goya como mellor actor revelación e Zeltia Montes do Saviñao, o Goya á mellor música orixinal, nunha gala dirixisa polo monfortino Dani de la Torre

Zeltia Montes e Chechu Salgado cos seus respectivos Premios Goya

Non é algo que pase todos os días, así que o ocorrido nos Premios Goya deste ano, é un motivo máis que
suficiente para que neste recuncho do sur de Lugo, aproveitemos e saquemos peito, que non sempre atopamos motivos para facelo. E é que a cousa xa empezaba ben, pois a Academia de Cinema, encargara ao monfortino Dani de la Torre a dirección da gala, traballo complexo e difícil e suxeito habitualmente a duras críticas. Este ano o realizador tentou axilizar e mellorar o ritmo da entrega de premios, o que sen dúbida conseguiu, o que non é pouco, e apostou por que non houbese un presentador ou condutor da gala, o que non parece que terminase de convencer, a teor do visto nas críticas e opinións dos concienzudos expertos en televisión. En todo caso, parabén a Dani de la Torre, por atreverse con este reto maiúsculo e saír airoso. Pero o noso gozo non terminaba aquí, tiñamos a dous paisanos
nomeados. O actor soberino Chechu Salgado, ao Goya ao mellor actor revelación polo seu papel en Las leyes de la frontera, e a compositora Zeltia Montes, orixinaria do Saviñao, á mellor música orixinal, pola súa participación na
película El buen patrón. E obtivemos un pleno. Os dous resultaron gañadores dos seus respectivos Goyas. Chechu Salgado é xa un actor moi recoñecido en Galicia, sobre todo a partir da súa participación en Serramoura da TVG, que lle serviu de trampolín para dar o salto a nivel nacional, con papeis en series tan míticas como Fariña, e multitude
de películas. O Concello de Sober, ven de elexilo para ser o pregoeiro da XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 9 e 10 de abril. O actor manifestou sentirse moi agradecido e “desexando que
chegue ese día que vai ser inesquecible”. Tamén O Presidente da Deputación José Tomé, fixo un “recoñecemento
aos seus talentos e traballos, que son un orgullo para a provincia. Grazas a persoas como vós, Lugo é unha provincia de cine”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XXVII Concurso de deseño de Carteis das Festas Patronais 2022

Seguinte Nova

En marcha o lanzamento do bono turístico 2022

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: