Volve a carreira popular a Monforte

• Tratase da edición número XII deste xa tradicional evento deportivo logo de que a pandemia de Covid-19 non permitira celebralas nos anos 2020 e 2021

Aos poucos, a pesar de que o número de contaxios da nova variante Omicron segue sendo moi elevado, e o número de falecidos moito maior do que puidese parecer a primeira vista, dada a considerable menor atención que os medios de comunicación estamos a dedicarlle a esta sexta onda, a sociedade, cansada de restricións, volve paulatinamente a recuperar costumes e eventos anteriores á pandemia. Un dos que tamén agora recupérase é a tradicional Carreira Popular de Monforte, que despois de verse suspendida en 2020, e cancelada a súa organización en 2021, alcanzará este ano 2022 a súa XII edición. Así o confirmou o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, despois da aprobación, na sesión da Xunta de Goberno municipal, do regulamento correspondente á “XII Carreira Popular Concello de Monforte 2022”, que se celebrará o domingo 3 de abril de 2022. O Alcalde monfortino sinalou que “seguimos adiante coa organización do que é un dos eventos deportivos máis importantes do noso Concello, e celebrarémola, se as circunstancias sanitarias nolo permiten, co obxectivo de ir recuperando a normalidade no calendario de actividades anuais do Concello, despois do parón a consecuencia da pandemia da COVID-19”.
O evento, organizado polo Concello, a través da Concellería de Deportes, contará cun percorrido de 10 km para a carreira absoluta, completamente urbano e que transcorrerá polas rúas máis céntricas da cidade, así como percorridos para as carreiras de categorías menores de diferentes distancias en función da idade dos participantes.
ABERTO O PRAZO
DE INSCRICIÓN
Todas as persoas interesadas en inscribirse no evento poderano facer, de xeito totalmente gratuíto, a través da páxina web www.monforte10k.com ou da plataforma de inscricións www.ccnorte.com.
É precisamente a estrea da páxina web www.monforte10k.com unha das novidades na edición da carreira popular deste ano. Trátase dun espazo específico que ademais de conter toda a información do evento e poder realizar as inscricións nel, pódese consultar información de edicións anteriores (inscritos, resultados e clasificacións, fotografías e vídeos, etc.). Ademais da carreira absoluta de 10.000 metros cun percorrido completamente urbano, haberá catro probas de menores, de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros. Todas elas terán saída e meta na Explanada da Compañía ó carón dos Escolapios. Haberá premios económicos: para os tres primeiros clasificados da carreira absoluta nas categorías masculina e feminina de 300€, 200€ e 100€.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha o lanzamento do bono turístico 2022

Seguinte Nova

O Neka quere competir no Mundial de Corea

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: