8M DÍA DA MULLER: Un día para celebrar o logrado e lembrar que aínda é longo o camiño por percorrer

A celebración do 8M ten as súas raíces na loita das mulleres traballadoras do Téxtil de EEUU do século XIX, na súa folga para reivindicar salarios máis xustos e condicións laborais máis humanas. Unha loita que continúa hoxe para poder lograr que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva en todos os ámbitos da vida. Como sinalou a deputada do BNG e vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro na manifestación convocada pola CIG co foco posto na desigualdade e na precariedade dos traballos nos sectores máis feminizados «o 8 de marzo é unha xornada para poñerse a carón das mulleres traballadoras e do movemento feminista e facer visíbeis as súas demandas de igualdade e non discriminación. Non temos moito que celebrar, e sí moito que reivindicar. Estamos aínda moi lonxe da igualdade real”. En Monforte a Concelleira de Muller e Igualdade, Margarita López leu un manifesto no que «proclamamos a igualdade de todas as persoas independentemente do seu sexo, reiteramos o noso compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres e co obxectivo de que ocupen o lugar que lles corresponde (o mesmo que os homes)». Moitos foron os actos nas localidades da nosa contorna e moitas son as informacións que nos chegan. Entre elas houbo unha que nos chamou especialmente a atención. Enviounos Renfe unha nota de prensa na que nos informa de que xa comezaron a formación das 30 mulleres seleccionadas para converterse nas primeiras maquinistas de Arabia. Lémbranos varias cousas esta información. Que o mundo é grande e diverso, cousa que ás veces esquecemos; que os avances en materia de igualdade de Occidente son unha quimera noutros lugares. Que o traballo reivindicativo debe continuar. Pero tamén nos di esta noticias que as cousas, ata en Arabia, poden cambiar. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Volven con forza os rumores sobre a posible fusión dos institutos de Chantada

Seguinte Nova

Xunta e Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés asinan un protocolo de colaboración

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: