• O Club Lemos tamén se mete na loita polo ascenso a falta dunha xornada para rematar a primeira fase da liga.
Queda unha xornada para terminar a primeira fase do grupo Norte 1 B da Rexional Preferente Galega, e dous dos equipos que representan ao sur de Lugo xa cumpriron os seus obxectivos de principio de tempada. A SD Sarriana xogábase na pasada xornada o liderado da categoría, e os de Edu, tal e como vén sendo habitual esta tempada, deron todo un recital en Betanzos, nun partido no que brigantinos e sarriaos amosaron a sua calidade. Os de Sarria adiantáronse 0-2, e o empuxe do Betanzos non foi suficiente para remontar o partido. Gran traxectoria do equipo que dirixe o monfortino Edu, e que se presenta na fase de ascenso coa firme intención de conseguir o ascenso de categoría.
Non menos destacable está sendo a tempada do Club Lemos, rematada na última xornada cun gran partido que lle permitiu levarse os tres puntos na difícil cancha do Victoria coruñés. Os monfortinos, a pesar das baixas que tivo que soportar durante toda a tempada, mostrouse consistente no seu xogo, e salvo en puntuais partidos como o de Betanzos, sempre competiu e tivo opcións de levar o partido. Co persoal mermado de efectivos, os lemistas terán que buscar reforzos no mercado se queren ter opcións na fase de ascenso.•