A Xunta deixa de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios

O subcomité clínico adoptou esta decisión logo de avaliar a situación epidemiolóxica e atendendo a grande porcentaxe de poboación pediátrica vacinada, cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde

O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.

No transcurso da reunión, informouse tamén que Galicia está a elaborar un novo protocolo para a vixilancia dos casos de covid-19 para a nova etapa de transición. As directrices desta nova vixilancia consensúanse a nivel nacional, entre todas as comunidades autónomas, precisando a aprobación da Comisión de Saúde Pública. Aínda que tras a aprobación, débese deixar un período de adaptación, Galicia xa está a preparar a implementación da nova estratexia na nosa comunidade para axilizar os cambios, que se producirán atendendo á evolución da situación epidemiolóxica.

Outro tema que se abordou onte foi o do conflito ucraíno e a atención aos refuxiados que chegan á nosa comunidade. Para iso, estase a establecer un documento que recolla os procesos máis importantes a ter en conta nesta poboación a nivel sanitario, tales como a atención en procesos agudos, a vacinación contra a covid-19 e doutras enfermidades transmisibles como por exemplo a tuberculose ou sarampelo, ademáis de vixilancia de enfermidades de interese, entre outros procesos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Exposicións: Chega a Monforte «Un pobo, unha selección»

Seguinte Nova

Axudas a empresas e asociacións da provincia para incorporar mozos en réxime de prácticas remuneradas

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss