Bóveda, concello homenaxeado na Feira do Viño de Amandi

A Caravana do Amandi, en Bóveda coa presenza dos alcaldes de Sober e Bóveda. FOTO GPCS.

A XLII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar en Sober os días 9 e 10 de abril, volvendo así á súa data habitual de sábado e domingo de Ramos, ven de decidir dedicar esta edición da feira ao Concello de Bóveda continuando así a costume de facer unha homenaxe especial cada ano a un Concello da comarca. Para celebralo, a tradicional caravana do Amandi, encargada de promocionar a Feira de forma itinerante durante todo o mes de marzo, achegouse ao concello homenaxeado este ano, o de Bóveda, para estar presente na clásica Feira de Rubían do día 14 de marzo. Foron moitos os veciños de Rubián que se achegaron para facer unha degustación de viño de Amandi e Polvo, e ademais poideron ser dos primeros en coñecer o novo cartel anunciador da Feira, diseñado por Rocío Rodicio, moza ourensá de quince anos que explica que o seu deseño recolle a esencia da Feira do Viño de Amandi, no que se pode ver representado o Río Sil, as uvas e a figura do viticultor. Considera a distinción “unha gran oportunidade” e asegura estar moi orgullosa co premio e co traballo, unha acuarela con lapis de cores. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda conmemora o dia da Muller coa curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’

Seguinte Nova

A XLII Feira do Viño de Amandi presenta o seu Cartel

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: