Bóveda conmemora o dia da Muller coa curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’

Tamén programou actividades de contacontos no CEIP Rosalía de Castro, pois o Goberno local pretende así concienciar en igualdade dende as idades temperás

Roberto Alvite, en Bóveda. C.B..

O Concello de Bóveda organizou diversas actividades para conmemorar o 8 de marzo, día da Muller. Algunhas desas propostas tiveron aos nenos e nenas como protagonistas, conscientes da importancia de educar en igualdade desde as idades temperás. Deste xeito, o CEIP Rosalía de Castro foi o escenario das Contadas pola Igualdade, actividades de contacontos repartidas por ciclos realizadas de xeito simultáneo: Infantil. ‘A Carteira de augas claras’ a cargo de Carmen Domec Martínez. 1º e 2º ciclo. ‘Bolboretas’ a cargo de Soledad Felloza. 3º ciclo. ‘A miña historia’ (Rosalía de Castro) a cargo de Trémola teatro, Paula Regueiro.
Ademais das contadas no colexio, o pasado domingo día 13 de marzo o Centro Sociocultural acolleu a proxección da curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’, premio do público á mellor película galega na 41 semana de cine de Lugo de outubro de 2019. Escrita e dirixida por Roberto Alvite e protagonizada por Lucía Veiga, Nanda Tasende, Tatiana Mouro, Marita Martínez, Roberto Alvite, Carla Capeáns, e Tito Refoxo invita á reflexión sobre o pasado, presente e futuro da sociedade rural galega estimulando o pensamento crítico ante os roles tradicionais da muller e do home. O acto contou coa presencia do propio director, que disertou sobre o proceso creativo desta película que vira ao redor de catro ideas: a familia, o fogar a muller e o mundo rural galego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Especial Entroido

Seguinte Nova

Bóveda, concello homenaxeado na Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: