Especial Entroido

O Sur de Lugo tiña ganas de festa

Fíxose de rogar, pero ao final chegou o Entroido, e aínda que ameazan de novo nuboeiros de tormenta no horizonte coa guerra en Ucraína, a xenta tiña ganas de cambiar as máscaras fpp2 e cirúrxicas polas máscaras de entroido, e esquecerse un pouco de tanto medo e preocupación, deixarse levar aínda que só fose por unhas horas, e recuperar o sorriso, ensinalo e compartilo. Tiña ganas de festa. E as ruas volveron a encher de cor e ledicia, de música estridente, de bailes impúdicos lonxe da vergoña, e puídose regresar ao que fomos non hai tanto, ao que nos gustaría non ter que deixar nunca, á vida de cor, esquezer a negrura que nos rodeou estes anos, e espantala con meigallos, ainda que a tormenta ameace de novo. Polo este. Pero mentras non chegue, como cantaba Lucía Perez, que nos quiten lo bailao.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

San Pedro de Rocas: Claves para entender o conflito

Seguinte Nova

Bóveda conmemora o dia da Muller coa curtametraxe ‘As tres caídas de María Santiso’

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: