Novidades para a XL Feira do Viño de Quiroga

Reunión do concelleiro de Cultura, Eventos e Turismo, José Luis Rivera coas adegas da subzona Quiroga – Bibei. Foto CQ.

A preparación da LX Feira do Viño de Quiroga segue o seu curso. Tras as reunións e intercambio de ideas mantidas entre a comisión organizadora da feira e os adegueiros da zona, xa comeza a haber novidades sobre a mesma. En primeiro lugar, as datas da súa celebración, que finalmente levará a cabo os días 16 e 17 de abril. E tamén unha serie de novidades coas que se pretende dar un impulso a este evento, en concreto, será a primeira edición que estará aberta á participación de adegueiros profesionais, decisión que xa se acordou en 2019, pero que a pandemia impediu a súa aplicación ata o de agora. A outra novidade fai referencia a que cada ano convidarase a unha adega doutra denominación de orixe, xa sexa galega ou española. Este ano esa honra recaeu na Adega Son do Arrieiro, premio “Vida entre Vides” 2021, da Denominación de Orixe Ribeiro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quiroga amosa a súa solidariedade co pobo ucraíno e pide o cese da guerra

Seguinte Nova

Pantón, capital do enduro, cunha proba da Liga Galega de Moto de Campo

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: