Outra nova sentenza a favor do Concello monfortino

• En relación co recurso de Gas Monforte S.L. contra a declaración de utilidade pública e interese social da parcela desta empresa, co fin de destinala ao novo parque do barrio do Hospital

Seguen obtendo éxito os Servizos Xurídicos do Concello de Monforte, que veñen de obter unha nova sentenza ao seu favor. Esta vez, trátase da senteza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo en relación co recurso interposto pola empresa Gas Monforte S.L. contra a declaración de utilidade pública e interese social da parcela propiedade desta empresa, situada na Rolda María Emilia Casas Baamonde, así como contra a declaración de necesidade de ocupación e expropiación forzosa, co fin de destinala á construción do novo parque público do Barrio do Hospital de Monforte de Lemos. No seu fallo, a través da sentenza número 00050/2022 do 28 de febreiro de 2022, sobre o procedemento ordinario 414/2019, o xulgado lucense desestima o recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Gas Monforte SL contra o Concello de Monforte, co que recoñece a utilidade pública e interese social desta parcela, así como recoñece a necesidade de expropiación forzosa e de ocupación.
Neste senso, o Alcalde amosou a súa satisfacción “por esta nova resolución favorable ó Concello, neste caso ditada polo Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo, que vai ó fondo da cuestión, pois nos outorga a razón no que é a declaración de utilidade pública e interese social dos terreos do futuro Parque do Barrio do Hospital. Esta nova sentencia favorable nos permitirá seguir adiante co proceso construtivo do futuro Parque do Hospital, que suporá unha mellora moi significativa para este barrio da cidade, xa que o dotaremos de novos espazos destinados ó lecer e esparcemento, así como dunha zona con 60 prazas de aparcamento”.
Esta última sentenza xudicial engádese á ditaminada polo Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en setembro de 2021, que tamén fallou a favor do Concello de Monforte en relación co recurso que interpuxera Gas Monforte S.L., contra a declaración de urxente ocupación, a efectos de expropiación forzosa, dos terreos para a construción do citado Parque.

O novo parque público do Barrio do Hospital ideado polo Equipo de Goberno monfortino ucupará unha parcela de aproximadamente 6.212 metros cadrados, e terá un carácter integral, incluindo varias zonas de céspede, zona de xogos infantís, paseos peonís, e estará dotado elementos biosaudables de ximnasia e contribuirá a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital xerando 60 novas prazas de estacionamento para vehículos, motos, bicicletas e prazas para minusválidos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xunta e Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés asinan un protocolo de colaboración

Seguinte Nova

O Espazo Xove de Chantada acolle a exposición Imaxina Palestina

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: