Pantón, capital do enduro, cunha proba da Liga Galega de Moto de Campo

• Máis de douscentos pilotos entre as categorías mini, pro
e amateur, participaron na proba de Pantón

Foto LGMC.

A pasada fin de semana Pantón converteuse na capital do enduro galego, ao acoller o 19 e 20 de marzo, a segunda proba do certame de enduro da liga galega da moto de campo. Ferreira, poñíase de gala para recibir aos máis de 180 pilotos procedentes de diversos puntos de España e Portugal, de aquí chegaban algúns dos mellores pilotos do campionato nacional de enduro portugués, atraídos polo nivel dos eventos da liga. O equipo técnico nesta ocasión deseñaba un rally equilibrado, sen grandes dificultades aínda que moi longo, co que os pilotos amateur rodaban máis de 150 km., achegándose os de elite aos 200, sumado a isto, 2 especiais, unha delas situada preto do balneario de Augas Santas, técnica e con obstáculos naturais, e outra situada en Guítara nun infinito campo de herba, puxeron a proba a resistencia dos participantes. Todas as categorías da liga están disputadísimas e o nivel competitivo dos pilotos mellora proba a proba, non obtante a que máis expectación espertaba era a clase elite, 18 mísiles tomaban a saída na categoría reina, dominada nesta ocasión polo asturiano Pando, seguido por Román Perez, en terceiro lugar Paradelo, que dá gas coma se non houbese un mañá e en cuarto lugar Pedro Gonzalo, ao que unha caída nunha das especiais apartáballe do pódium por unha escasa marxe.Palabras descoñecidas

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novidades para a XL Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

Volven con forza os rumores sobre a posible fusión dos institutos de Chantada

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: