Quiroga amosa a súa solidariedade co pobo ucraíno e pide o cese da guerra

• As luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en cor azul e amarela, as cores da bandeira de Ucraína

Son moitas as mostras de repulsa contra a guerra e tamén de solidariedade co pobo ucraíno que se poden ver estes días no sur de Lugo. Tamén en Quiroga quixeron mostrar a súa posición en contra da guerra entre Rusia e Ucraína. Como mostra do seu apoio e compromiso as luces das letras de Quiroga do parque da Constitución están estes días iluminadas en cor azul e amarela, as cores da bandeira de Ucraína. O equipo de Goberno, encabezado polo alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, amosou a súa solidariedade co pobo ucraíno coa presentación dunha moción na que condena a invasión de Rusia en Ucraína e amosa o seu apoio ás accións do Gobierno de España, en colaboración cos aliados da OTAN e a UE. Asi mesmo expresa o máis firme compromiso coa defensa dos principios da democracia, o Estado de dereito e a protección dos dereitos fundamentais contemplados no Preámbulo do Tratado da Alianza do Atlántico Norte e no da Constitución Europea. E apoia que o Goberno negocie, o antes posible en Bruxelas, un plan de axuda humanitaria á poboación civil ucraína.
O Concello vén de unirse á petición realizada desde a Federación Galega de Municipios e Provincias para acoller a familias refuxiadas ucraínas e deste xeito apoia a labor da Comunidade Internacional axudando na protección e o benestar dos cidadáns que foxen do conflito bélico. Esta non é a primeira vez que o concello quirogués se suma a unha causa deste tipo posto que no seu día xa acollera a dúas familias bosníacas afectadas pola guerra de Iugoslavia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A XLII Feira do Viño de Amandi presenta o seu Cartel

Seguinte Nova

Novidades para a XL Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss