Sae a licitación a redacción do proxecto construtivo que completará a autovía Nadela-Sarria

• A primeira fase se atopa ao 60% de execución e se porá en servizo en outono

Imaxe da visita de supervisión dos traballos na futura autovía Nadela-Sarria. GPXG.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciou a licitación da redacción do proxecto construtivo que completará a autovía Nadela-Sarria, cuxa 1ª fase se atopa ao 60% de execución e se prevé poñer en servizo en outono.
Vázquez Mourelle, co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, deu conta deste contrato no Páramo, onde supervisou a pé de obra os avances das obras da 1ª fase da autovía, no tramo que comunica A Pobra de San Xiao con Sarria centro.

ORZAMENTO DE 335.000 EUROS PARA O PROXECTO
A conselleira puxo o acento neste paso decisivo da Xunta, en cumprimento da palabra dada de continuar coa autovía cara ao norte, desde Sarria ata Nadela. Informou que as empresas interesadas na redacción do proxecto teñen ata o vindeiro 19 de abril para presentar as súas ofertas. A Xunta destinará 335.000 € a este contrato, que se agarda comezar a executar xa no verán. Indicou que o obxectivo é que, cando o vindeiro outono se poña en servizo o primeiro treito da Autovía Nadela-Sarria estea xa en marcha a redacción do proxecto da 2ª fase, que completará o desdobramento da vía de altas prestacións entre Lugo e Sarria, unha actuación á que a Xunta destinará 30 M€.

PROXECTO ESTRATÉXICO
A titular de Infraestruturas e Mobilidade referiuse aos progresos na construción da primeira fase da autovía Nadela-Sarria que, segundo remarcou é un dos proxectos máis estratéxicos que están en marcha actualmente na provincia de Lugo.
A Xunta está a investir máis de 25 M€ nesta primeira fase do desdobramento da vía de altas prestacións que vertebra o sur da provincia actuando, concretamente, nos 11,5 km que conectan A Pobra de San Xiao con Sarria centro, o treito que rexistra maior intensidade de tráfico. rátase, como dixo a conselleira, dunha grande obra, que se atopa moi avanzada grazas a un ritmo intenso de execución ao longo dos últimos meses, con preto de 70 traballadores e ata 33 máquinas pesadas sobre o terreo.

PRAZOS CUMPRIDOS
Está xa practicamente completado o traballo de preparación do terreo e de explanación, e concluída a ampliación das estruturas. Os traballos concentraranse a partir de agora en completar as escavacións e recheos pendentes e na execución das drenaxes. Segundo precisou, xa a partir de maio-xuño, en función da meteoroloxía, iniciarase a extensión das distintas fases do firme e culminarase a reposición de servizos e toda a sinalización. Tamén neses meses, instalarase o valado de cerramento de alta tracción fronte aos animais.
Indicou a Conselleira que a pesar de todas as dificultades do contexto e da crise de prezos e materiais que afronta, como tantos outros, o sector da construción, estase a cumprir a programación dos traballos, executados case ao 60%. Remarcou, neste sentido, que se mantén o obxectivo de poñer esta 1ª fase da autovía ao servizo dos veciños de Lugo o vindeiro outono, se a situación excepcional que estamos a vivir non o impide.
Ethel Vázquez salientou que a construción desta infraestrutura responde á firme vontade do Goberno galego pola vertebración e o equilibrio territorial, a través dunha actuación que achegará seguridade viaria, competitividade económica e calidade de vida ao sur da provincia. Lembrou que a Xunta xa investiu máis de 135 M€ na construción, da vía de altas prestacións entre Sarria e Monforte, rematada no ano 2015, e agora está a destinar outros 25 M€ á primeira fase do seu desdobramento, aos que se sumarán uns 30 M€ para completalo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Excelente tempada do Club Korbis

Seguinte Nova

San Pedro de Rocas: Claves para entender o conflito

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: