San Pedro de Rocas: Claves para entender o conflito

• Máis de 300 persoas manifestáronse contra a corta de árbores e o proxecto de ampliación da OU-0509

Manifestación contra a corta de árbores no entorno de San Pedro de Rocas. Foto IGV.

O Mosteiro de San Pedro de Rocas é un dos atractivos turísticos máis destacados da Ribeira Sacra. Situado no municipio de Esgos atopamos un edificio relixioso cuxo valor vai máis aló do artístico ou arquitectónico para ser unha peza de importancia desde o punto de vista antropolóxico. O conxunto foi recoñecido como Monumento Histórico Nacional no ano 1923 e desde 1999 é tamén Ben de Interese Cultural. Tan grande é o atractivo de San Pedro de Rocas, que a Deputación de Ourense tivo a ocorrencia de elaborar un proxecto para a ampliación da estrada OU-0509, que atravesa o couto do mosteiro de San Pedro de Rocas, ensanchando o acceso ao mosteiro, sen dúbida co obxectivo de facilitar a chegada de autocares a este enclave de indubidable interese turístico. Pero esta obra conlevaría unha corta de árbores catalogadas e o risco de destrución de bens históricos e culturais. Ante esta ameaza a Fundación Moreiras, promovida por un dos propietarios da Casa Coutada, presentou unha denuncia contra o proxecto da Deputación. O xuicio que estaba a piques de celebrarse nestes días, foi de novo aprazado, feito que non impediu que as máquinas comezaran o traballar. Ante esta postura da Deputación de Ourense, o pasado domingo unhas 300 persoas participaron nunha marcha organizada por SOS Ourense e a Fundación Moreiras San Pedro de Rocas pedindo a paralización inmediata dos traballos. A Fundación Moreiras leva tempo advertindo que a ampliación provocaría danos irreparábeis neste conxunto declarado BIC en 1999, protección ampliada no 2018 como parte do BIC Ribeira Sacra, na categoría de paisaxe cultural, que amplicou a superficie de protección ao redor da igrexa até as 100 hectáreas.
Con todo este non sería o único enfoque posible. Esgos é territorio PP, máis concretamente territorio de Jose Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense e concelleiro en Esgos. O PP goberna con maioría máis que absoluta, ten 8 concelleiros por un só do PSdeG. E hai moitos veciños que levan anos reclamando a mellora da estrada e non están de acordo con estas movilizacións. Algúns chegan incluso a especular coa posible existencia de intereses económicos detrás da Fundación Moreiras. Como é habitual dous prismas antagónicos en conflito. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sae a licitación a redacción do proxecto construtivo que completará a autovía Nadela-Sarria

Seguinte Nova

Especial Entroido

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: