Xunta e Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés asinan un protocolo de colaboración

Alfonso Rueda e Claudio Garrido, na firma do Protocolo en Sarria. Foto GPXG.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou en Sarria durante unha reunión coa Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés o protocolo de colaboración coa entidade para levar a cabo actuacións de mellora paisaxística e de promoción do Xacobeo nesta ruta. Alfonso Rueda agradeceu a implicación da Mancomunidade na divulgación e conservación deste itinerario. A Xunta vén colaborando con esta entidade e este protocolo será o paso previo para executar o convenio bianual 2022-2023, dotado con máis de 1 millón de euros e destinado a medidas tanto para a propia mancomunidade como de forma individual aos 11 concellos que a integran para traballos de mellora paisaxística e embelecemento de recursos do Camiño, así como actividades culturais e turísticas de promoción do Xacobeo 21-22.
Alfonso Rueda asinou o protocolo xunto co presidente actual da Mancomunidade, o alcalde de Sarria, Claudio Melquíades. Ao acto tamén acudiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; xunto cos alcaldes de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos, Paradela, Portomarín, Monterroso, Palas de Rei, Melide e O Pino, a tenente de alcalde de Arzúa e o vicepresidente da Federación Galega de Amigos do Camiño, Ángel Trabada.
O Camiño de Santiago está a superar tódalas expectativas con case 180.000 Compostelás entregadas o ano pasado fronte ás 140.000 previstas. O Camiño Francés concentrou máis da metade dos peregrinos con máis de 98.000. Ademais, no que vai de ano xa se entregaron máis de 3.600 Compostelás. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

8M DÍA DA MULLER: Un día para celebrar o logrado e lembrar que aínda é longo o camiño por percorrer

Seguinte Nova

Outra nova sentenza a favor do Concello monfortino

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss