Axudas a empresas e asociacións da provincia para incorporar mozos en réxime de prácticas remuneradas

• A iniciativa está incluida no programa Reiníciate: Enfoca o teu futuro que teñen en marcha a Deputaciónde Lugo e a Escola de Organización Industrial para favorecer a inserción laboral da mocidade

Acto de presentación do programa Reiníciate: Enfoca o teu futuro. coa participación de Jose Tomé, Presidente da Deputación de Lugo e membros da EOI. Foto GPDL.

Xa está aberta a convocatoria da liña de axudas da Deputación de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI) para empresas e asociacións da provincia interesadas en contar con mozos e mozas en réxime de prácticas non laborais remuneradas. Estas axudas, incluidas no programa Reiníciate: Enfoca o teu futuro, para sufragar as becas que percibirán os rapaces e rapazas por un período de prácticas non laborais de tres meses. A remuneración total que como máximo recibirá o alumno ou alumna é de 2.084,47€, o que supón 1,2 veces o IPREM mensual. No caso de persoas cunha discapacidade superior ao 33%, a contía total a percibir será como máximo de 2.431,88€ por alumno, 1,4 veces o IPREM mensual. Cada entidade ou empresa beneficiaria das axudas poderá contar con varios alumnos ou alumnas. Poden optar a esta convocatoria todas aquelas empresas de calquera sector, asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro da provincia de Lugo que queiran incorporar no seu equipo a mozos para prácticas non laborais e que firmen un convenio co Servizo Público de Emprego con esta finalidade.
O prazo de presentación de solicitudes é de 60 días naturais aa contar dende o 23 de marzo, e deben cumprimentarse por vía telemática na web www.eoi.es. As axudas concederanse a través dun procedemento de concorrencia competitiva.
Para que as prácticas sexan subvencionables terán unha duración por un período de tres meses, cunha xornada mínima de 4 horas ao día e de 30 horas semanais como máximo.
Por outra banda, cabe sinalar que aínda segue en marcha o plan de formación e emprego xuvenil da Deputación, que arrancou en xaneiro e ten aínda prazas dispoñibles. As matrículas pódense formalizar en: https://empleojovenlugo.es/.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta deixa de recomendar o uso das máscaras nos patios dos colexios

Seguinte Nova

Todo preparado para a XVIII Feira Medieval de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss