A Deputación aprobou a cesión ao Concello de Monforte de 111.000 m2 para terreo industrial

• O Pleno aprobou por unanimidade a solicitude que fixo o Concello co fin de ampliar o Parque Empresarial do Reboredo para impulsalo como motor da dinamización económica do municipio e da comarca

Vista aerea da nova rua do Polígono do Reboredo, lindante coas parcelas cedidas pola Deputación de Lugo. Foto EnComún.

No número de EnComún correspondente á segunda quincena de febreiro, xa publicamos a intención do Concello de Monforte de reclamar a cesión destes terreos á Deputación de Lugo. O que non supoñiamos entón era que o procedemento levárase a cabo con tanta rapidez. É certo que é o primeiro dos numerosos trámites que haberá que haberá que ir facendo ata que estes terreos poidan poñerse ao dispor de posibles proxectos empresariais interesados, pero non é menos certo que ese primeiro fito levouse a cabo de forma áxil. Ademais o feito de que fose aprobado de forma unánime polo Pleno da Deputación permite ser optimista respecto á evolución de futuros trámites noutras administracións, que previsiblemente non debesen verse afectados por cuestións políticas e partidistas.

CESIÓN GRATUITA
A cesión aprobada este pasado martes, faise de xeito gratuíta ao Concello de Monforte que receberá a titularidade de 15 parcelas provinciais que suman unha superficie total de 111.000 metros cadrados coa finalidade de ampliar o Polígono Industrial do Reboredo.Os terreos en cuestión foran adquiridos pola Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (SUPLUSA) no ano 2011, están situados na marxe esquerda da entrada do polígono monfortino e “servirán para dar resposta ás necesidades de solo industrial, posibilitando o desenvolvemento industrial do municipio, a creación de emprego e o impulso da dinamización económica do concello e a comarca”, subliñou José Tomé.

URBANIZACIÓN
Estas parcelas cedidas pola Deputación lindan con vías públicas dotadas de servizos que son titularidade da institución provincial e do Concello, polo que non serán necesarias as obras de urbanización. Para poder licitar a venta das parcelas mediante concurso, o Concello de Monforte deberá tramitar un Plan Parcial que deberá contar coa aprobación da Xunta de Galicia e da Confederación Hidrográfica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aberta a nova tempada de rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O PP pide ao Concello que active o alumeado público da entrada ao polígono do Reboredo

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: