A Feira do Viño de Amandi recupera o seu tradicional Programa de Actos

• Ademáis, segue programando actividades dentro do Mes do Amandi

Xa está todo preparado para a XLII Feira do Viño de Amandi cun completo programa de actos, no que non faltarán a música, as bombas de palenque e o pregón que neste ano contará con Chechu Salgado. Pero todo isto será o 9 e 10 de abril. Mentres o Concello segue co seu programa do Mes do Amandi do que aínda podemos gozar da charla de Xavier Castro A cultura do viño e a viticultura heroica o 1 de abril as 19h., a Exposición de pintura de Gelín Fernández, cuxa inauguración terá lugar o mesmo día 1 ás 20h, o 2º Concurso de Catadores de 10 a 14 horas o 6 de abril e o Concerto de guitarra e frauta travesera a cargo de Josué Castro e Magda Sánchez o 7 de abril ás 19 horas. Todos estes eventos terán lugar no Centro Sociocultural. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Teatro e pintura en Bóveda

Seguinte Nova

Crise

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: