Xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes da tarxeta Bono Turístico #QuedamosEnGalicia22, que rematará o día 2 de maio de 2022. Esta nova edición do bono turístico ten como obxectivo estimular a demanda turística interna, a través do consumo de servizos e prestacións turísticas en calquera dos establecementos adheridos ao programa e pretende paliar a estacionalidade turística, promovendo o uso da tarxeta fora dos meses de verán. A duración do procedemento coincidirá coa vixencia do programa, é dicir, ata o 31 de decembro de 2022.
O bono turístico consistirá nunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e polas empresas adheridas ao programa e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia22.
Nesta edición, a Xunta asumirá o 40% do custe dos servizos consumidos e os particulares o 60% restante segundo o importe escollido. Ao igual que o ano pasado haberá tres tipos de bonos: un de 250 euros -100€ abonados pola Xunta e 150€ polos beneficiarios-; outro de 375 euros -150€ achegados polo Goberno galego e 225€ polos particulares-; e o terceiro de 500 euros -200€ pola Xunta e 300 polos usuarios-. Cómpre lembrar que o ano pasado a tarxeta de maior contía foi a escollida na súa gran maioría polos solicitantes. Poderán ser beneficiarias deste Bono Turístico as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia. Cada persoa física unicamente poderá solicitar e ser adxudicataria dun Bono Turístico e non poderán solicitar nin ser beneficiarias desta nova edición do Bono turístico as persoas que xa resultaran beneficiarias o ano pasado.•
Últimas noticias sobre TURISMO
• A Deputación organiza en maio 16 rutas gratuítas polo patrimonio románico da provincia con 400
A masiva presenza de turistas nas rúas durante a Semana Santa xa facía prever que os
• Celebrarase por primeira vez en España, un concurso de radio en Onda Curta, banda de
O Concello de Sarria vén de presentar a nova web https://sarriaturismo.com/ coa que pretende promocionar a
• Nun espectacular concerto en catamarán, no que se estreou “ Meu Camiño”, fusionando a música