• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o que consideran a pasividade do Concello de Quiroga nos últimos anos

A veciñanza de Parteme, na parroquia do Nocedo, en Quiroga, segue facendo traballos de mantemento das zonas comúns, traballos que, entenden, son en boa parte competencia do Concello de Quiroga, e denuncian «a súa pasividade e abandono total do pobo nas ultimas décadas». O último deses traballos tivo lugar neste mes de marzo, por iniciativa da Asociación de Veciños de Parteme, no camiño da fonte. Sinalan que «tras varios escritos solicitando esta limpeza ao concello e non recibindo contestación nin predisposición pola súa parte non nos quedou máis remedio que darlle nós solución ao tema». •