Concerto solidario con Ucraína en Sober

Imaxe do Concerto Solidario en Sober. Foto GPCS.

Estamos en pleno apoxeo do Mes do Amandi, un conxunto de eventos que serven para levar máis aló a tradicional Feira do Viño de Amandi, que se celebrará os días 9 e 10 de abril.
Iso conleva un conxunto de actos de todo tipo promovidos polo Concello de Sober, que van desde conferencias, exposicións, presentacións e concertos. Pero aínda no medio deste vórtice festivo e vinícola, non quixo o concello de Sober deixar de lado a crúa realidade que neste momento está a vivirse en Ucraína, e decidiu colaborar coa organización dun concerto solidario coas vítimas da guerra e incluílo como un máis dos eventos do Mes do Amandi. E o resultado non puido ser máis satisfactorio. O traballo de Selene, Tamara Arias e Leticia Sáez foi todo un éxito no organizativo. A música correu a cargo de Os Parentes e DJ Nacho Morais e Elías Vieira. O público asistiu de forma numerosa á Praza do Toural, e o mellor de todo é que a cantidade recadada ascendeu a de 3.332,42 euros, que irán destinados de xeito íntegro ás persoas de Ucraína a través da conta que habilitou a Asociación AGA-Ucraína. A organización do Concerto solidario coas vítimas de Ucraína, en colaboración co Concello de Sober, queren dar as GRAZAS de todo corazón á xente que se achegou o pasado sábado á Praza do Toural e a toda aquela que fixo as súas achegas polas vías previamente habilitadas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón mellora a Fonte do Piñeiro, na contorna do Camiño de Inverno

Seguinte Nova

Un derrube na estrada LU-651 impide o tráfico entre Folgoso e Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: