Formarse traballando en Europa

• Tres estudantes do CPR Belarmino Fernández Iglesias fórmanse en Centros de Traballo (FCT) en Europa

Os tres estudantes becados para formarse en centros de traballo en Finlandia e Italia. Foto FBF..

O proxecto Erasmus+ vaille dar a oportunidade a un estudante do Ciclo Formativo de Grao Medio de Servizos en Restauración e a dous estudantes do Ciclo Formativo de Grao Medio de Cociña e Gastronomía de poder realizar as prácticas correspondentes ao módulo FCT de cada unha destas especialidades en empresas hostaleiras de Finlandia e Italia dende o 28 de marzo ata o 18 de maio, o que lles permitirá mellorar a súa formación desenrolando o seu labor en restaurantes do estranxeiro, ademais de favorecer a aprendizaxe das linguas propias do país de acollida e coñecer outras culturas. Este proxecto Erasmus+ da Unión Europea tamén contempla a mobilidade do profesorado e da coordinadora do programa do centro CPR Belarmino Fernández Iglesias que, dende o 28 de marzo ata o 1 de abril, poderá coñecer de primeira man como outras entidades ou socios de acollida de Finlandia desenvolven a súa actividade para levar a cabo estes proxectos e fomentar futuros intercambios con outras institucións europeas. A directora do centro e coordinadora do programa Erasmus+, Rebeca Vázquez Iglesias, indica “Este proxecto está concedido dende 2019 pero debido á pandemia ningún alumno/a puido realizar estas mobilidades. Estamos encantados de que, por fin, o noso Centro participe en Erasmus+ e que algún dos nosos estudantes poidan levar a cabo as prácticas no estranxeiro, para eles é unha oportunidade única de coñecer outros países, outras culturas e outras linguas que ó mellor polo feito de vivir no rural non poderían, tamén para o Centro xa que nos permite avanzar na internacionalización educativa e para os hostaleiros da zona xa que poderán contar nas súas plantillas con profesionais formados a nivel europeo”.
Erasmus+ 2021-2027 é o renovado programa da Unión Europea nos ámbitos da educación e a formación, mocidade e deporte, que ofrece oportunidades para todas as persoas e en todos os sectores educativos (Educación Escolar, Formación Profesional, Educación Superior e Educación de Persoas Adultas). Este novo Erasmus+ é máis internacional, máis inclusivo, máis dixital e máis ecolóxico, apoiando a transformación dixital, a inclusión e a diversidade, ademais do medio ambiente e a loita contra o cambio climático. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Plena actividade nos traballos de mellora do tramo Ourense-Monforte-Lugo

Seguinte Nova

Aberta a nova tempada de rutas en catamarán pola Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: