• Gloria Prada participou neste encontro que se celebrou de xeito telemático
Nesta semana, a Rede de Xuderías de España celebrou a súa 59ª Asemblea Xeral Ordinaria, dirixida polo actual Presidente da Asociación e Alcalde de Lucena, Juan Pérez, e na que participou a primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada.
Pero a curiosidade desta Asemblea foi que a reunión tivo lugar de xeito telemático. As novas tecnoloxías ao dispor da conservación do patrimonio cultural e histórico, aínda que Lucena traballa xa na preparación dun novo encontro que reúna na cidade andaluza ós representantes da asociación.
Os participantes compartiron as inquietudes relativas á situación internacional e as posibles repercusións da mesma. Ademais de Monforte, asistiron as cidades de Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Córdoba, Estella-Lizarra, Jaén, León, Lucena, Lorca, Sagunto, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui.
Aprobáronse as contas anuais de 2021, e o proxecto de axudas estatais do Programa “Experiencias Turismo España”, que a Rede presentará antes do 20 de abril co fin de poder levar a cabo un proxecto de desenvolvemento de xestión turística de experiencias nas cidades asociadas.
Ademais, a Rede de Xuderías intensifica a súa posición en Europa, e por iso contouse na Asemblea co apoio da Asociación Europea do Patrimonio Xudeu. O seu Director, Víctor Sorenssen, así como o Vicepresidente da Rede de Xuderías de Portugal e Alcalde de Castelo de Vide, Antonio Pita, foron invitados de excepción, nunha Asemblea na que informaron dos proxectos que lles vinculan e nos que traballan conxuntamente coa Rede de Xuderías de España.•