O PP pide ao Concello que active o alumeado público da entrada ao polígono do Reboredo

Imaxe das farolas apagadas na entrada do Reboredo. GPPP..

Mentres o Concello vén de amosar a súa satisfacción por conseguir a cesión de máis de 111.000 m2 de terreos para ampliar o Polígono do Reboredo, o PP de Monforte faise eco dunha carencia presente que non por máis cotiá carece de importancia, a falta de iluminación da entrada ao polígono industrial dende a N-120, así como a que consideran deficiente sinalización horizontal das rúas da cidade. Neste senso, os populares, segundo explica Katy Varela, demandaron no Pleno que o Concello corrixa ambas as dúas situacións, pois, no primeiro caso, trátase dun dos accesos principais á vila que rexistra moita circulación tanto de particulares, como dos vehículos pesados que acceden ás distintas empresas que están asentadas na área industrial.
No segundo caso, indica a líder do PP monfortino, “os paseos de peóns están practicamente borrados. Incluso hai sinais de tráfico que case non se ven”, destaca. Por este motivo, insta á entidade local a subsanar esta deficiencia canto antes. “Cremos que é necesario para garantir a seguridade vial que a sinalización horizontal da cidade estea continuamente controlada e ben pintada para evitar situacións de risco”, engade.
Para Katy Varela “son dúas necesidades que temos. O Concello ten que solucionar estas demandas e non pode eludir a súa responsabilidade”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación aprobou a cesión ao Concello de Monforte de 111.000 m2 para terreo industrial

Seguinte Nova

O Goberno de España responde ao BNG sobre os procesos catastrais en Chantada

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss