O Saviñao recibiu preto de 424.000€ en axudas da Vicepresidencia Primeira da Xunta

• Entre eles, o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de uso público para a construción dun skatepark no lugar de Escairón

Imaxe da visita á pista de skate en Escairón. Foto GPXG.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias visitaron o concello de O Saviñao ao que o Goberno galego destinou 40.000 euros ao abeiro da Orde da Infraestruturas de uso público para a construción dun skatepark no lugar de Escairón. Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou a axuda para instalar a infraestrutura deportiva destinada á práctica do skateboard e o patinaxe, xa que segundo indicaron son deportes que están están experimentando un importante incremento nos últimos anos e non dispoñían de ningún lugar de práctica para os mesmos.
A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos. Nesta liña, indicou que este O Saviñao recibiu nos últimos anos preto de 424.000 euros das ordes de axudas da Vicepresidencia Primeira destinadas aos concellos, como unha multipista no campo sintético Currelos, a adquisición dun tractor, a creación dun espazo público de ocio para nenos e maiores en Currelos, o acondicionamento do edificio do concello en Escairón, o formigonado de camiños en Ousende e Diomondi, a mellora de vías públicas municipais e do servizo de recollida e residuos e mobiliario urbano, a contratación de persoal para a protección do ambiente e do espazo natural, a compra dun dumper para a realización de actividades ambientais, así como o mantemento dos espazos de interese ambiental.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Goberno de España responde ao BNG sobre os procesos catastrais en Chantada

Seguinte Nova

Pantón mellora a Fonte do Piñeiro, na contorna do Camiño de Inverno

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss