O Val de Lemos infantil adiántase na final do Campionato

Facía moitos anos que o baloncesto monfortino non nos daba tantas boas noticias, pero o traballo moitas veces escuro e silencioso que leva moitos anos facendo o Val de Lemos, comeza a dar os seus frutos. O seu equipo infantil vén de eliminar ao Xinzo nas semifinais e gañar no primeiro partido da final ante o Academia Proxecto Depordima por un claro 36-49 na sua visita a Ourense. Os monfortinos están a un só triunfo dun título que lles daría acceso a loitar por unha praza na Liga Galega Infantil. A volta do play-off final terá lugar en Monforte o 23 de abril no Pavillón deportivo do IES Río Cabe ás 18 horas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A SD Sarriana lidera a fase de ascenso a Terceira mentres o Club Lemos da un paso atrás coa sua derrota ante o Paiosaco

Seguinte Nova

Plena actividade nos traballos de mellora do tramo Ourense-Monforte-Lugo

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: