Pantón mellora a Fonte do Piñeiro, na contorna do Camiño de Inverno

• A obra, que recibiu axudas con cargo á orde de para embelecemento de bens situados na ruta xacobea, tivo un custo total de 17.600 euros

Javier Arias, acompañado do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez. Foto GPXG.

A Xunta de Galicia destinou 13.200 euros á mellora da fonte e o lavadoiro do lugar do Piñeiro, na parroquia de San Vicente de Castillón (Pantón), a través da orde de axudas a concellos para embelecemento de bens situados no Camiño de Santiago.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, acompañado do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, comprobou o resultado da actuación, que tivo un custo total de 17.600 euros. Ambos elementos melloráronse coa instalación dun pavimento de pedra sobre soleira de formigón; a colocación dun muro de peche da fonte con pedra de mampostería e, no caso do lavadoiro, o revestimento con ese mesmo material.
As actuacións permitiron mellorar a imaxe do Camiño de Inverno nesta contorna, salientou Arias, quen explicou que esta liña de axudas da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo vai dirixida financiar accións de rehabilitación ou reforma de espazos e inmobles públicos ou privados, sempre que incidan e procuren a mellora paisaxística da ruta xacobea.

CONVOCATARIA ANTERIOR
Na anterior convocatoria a Xunta apoiou seis obras na Zona Sur da provincia con achegas que suman preto de 50.000 euros, catro para sufragar actuacións de particulares -en Pantón e Quiroga- e dúas dirixidas a entidades locais. No caso destas últimas, ademais de colaborar co Concello de Pantón o Goberno galego tamén achegou 9.300 euros á Administración municipal de Chantada para instalar cubre contedores no entorno do Camiño de Santiago.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Saviñao recibiu preto de 424.000€ en axudas da Vicepresidencia Primeira da Xunta

Seguinte Nova

Concerto solidario con Ucraína en Sober

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss