Teatro

Monforte redobra a súa aposta polo Teatro cun Certame para Centros de Ensino

Xusto na semana en que se celebra o Día Mundial do Teatro, o concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura dá a coñecer o programa do que será a XXIX edición do Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte.
«O Día Mundial do Teatro sinala o momento da impresionante unión entre o singular e o plural, o obxectivo e o subxectivo, o consciente e o inconsciente e mostrará ao mundo as extraordinarias criaturas que esa unión produciu. A maioría dos desacordos que existen no mundo débense ao extrañamiento das mentes pola barreira da linguaxe: o enorme e complexo mecanismo do teatro estableceuse precisamente para superar dunha vez eses desacordos e esa barreira». Este é un fragmento da mensaxe que Jean Cocteau redactou en 1962 para celebrar o primeiro Día Mundial do Teatro. Un espírito que hoxe está máis vixente que nunca, tal como reflicte a ampla programación teatral na nosa comarca. Se esta mesma semana viña de representarse en Monforte a obra Cigarreiras, da compañía Contraproducións, baixo a dirección de Cándido Pazó e interpretada por Tamara Canosa, Susana Dans, Covadonga Berdiñas, Isabel Naveira, Ledicia Sola, Ana Santos e Mercedes Castro, agora no Certame representaranse 7 obras de teatro, do 26 de abril ó 12 de maio de 2022. Todas as pezas escenificaranse ás 8 da tarde no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro. Os centros participantes son os seguintes:

  • CEE Infanta Elena, coa obra “Los sueños de Cloti”, o mércores 27 abril de 2022.
  • Colexio Ferroviario, coa obra “A estatua”, que se representará o martes 29 abril de 2022.
  • CEIP A Gándara, coa obra “O testamento do tío Nacho”, o venres 6 de maio de 2022.
  • CEIP de Monforte, coa obra “Vida e cores”, o luns 9 maio de 2022.
  • IES Río Cabe, coa obra “O soño do Novelo nunha noite de verán”, o martes 10 maio de 2022.
  • IES A Pinguela, coa obra “A rateira”, o mércores 11 maio de 2022.
  • Prodeme (asociación convidada), coa obra “Néboa no bigote”, o xoves 12 de maio.
    Os premios consistirán na gravación en DVD das obras representadas que serán entregadas ós centros participantes, así como dun diploma acreditativo.
    A entrega de premios será no Salón de Actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o 18 de maio ás 18:00 h.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberto o prazo para as solicitudes á nova edición do bono turístico

Seguinte Nova

Novas tecnoloxías na celebración da 59ª Asemblea xeral ordinaria da Rede de Xudarías

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss