A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar o reforzo do firme das estradas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que a Xunta destina un orzamento de 1,5 millóns de euros para mellorar un total de 17 quilómetros das tres vías autonómicas. As empresas interesadas en presentar ofertas teñen aberto o prazo ata o 9 de maio.
Arias presentou o proxecto en Rubián (Bóveda), onde se mellorarán algo máis de catro quilómetros da LU-611, estrada de conexión con Taboada. Toda a actuación desenvolverase no termo municipal de Bóveda, desde a glorieta de Rubián -punto quilométrico 1- ata o 5,030.
No caso da LU-617, está previsto acondicionar 11,5 quilómetros entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao), en concreto desde a glorieta na que conecta co corredor CG-2.2 (punto quilométrico 1,5) ata a intersección coa estrada LU-615 en Escairón (punto quilométrico 13).
En canto á LU-603, a actuación abranguerá a todalidade da vía, que ten unha lonxitude de 1,58 quilómetros e transcorre pola parroquia de Vilamelle (Pantón), onde enlaza no inicio coa N-120a e no final coa estrada de Sober.
Na LU-617 o proxecto contempla a realización de fresados localizados e reposición do pavimento a carril completo con mestura bituminosa en quente nas zonas deterioradas. Pola súa banda, na LU-611 e a LU-603 executarase a regularización do pavimento con mestura bituminosa nas zonas en mal estado.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
A Deputación de Lugo vén de comezar os traballos de rehabilitación do firme dun tramo da
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José
O alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Serra do Faro VIII, que forma a vinte persoas
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a licitación dun novo proxecto de mellora no
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, anunciou