1,5 Millóns de Euros para a mellora da seguridade viaria de tres estradas do Sur de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, presentou a mellora das vías autonómicas LU-617, LU-611 e LU-603. Foto GPXG..

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar o reforzo do firme das estradas LU-617, LU-611 e LU-603 ao seu paso polos concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Bóveda.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, anunciou que a Xunta destina un orzamento de 1,5 millóns de euros para mellorar un total de 17 quilómetros das tres vías autonómicas. As empresas interesadas en presentar ofertas teñen aberto o prazo ata o 9 de maio.
Arias presentou o proxecto en Rubián (Bóveda), onde se mellorarán algo máis de catro quilómetros da LU-611, estrada de conexión con Taboada. Toda a actuación desenvolverase no termo municipal de Bóveda, desde a glorieta de Rubián -punto quilométrico 1- ata o 5,030.
No caso da LU-617, está previsto acondicionar 11,5 quilómetros entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao), en concreto desde a glorieta na que conecta co corredor CG-2.2 (punto quilométrico 1,5) ata a intersección coa estrada LU-615 en Escairón (punto quilométrico 13).
En canto á LU-603, a actuación abranguerá a todalidade da vía, que ten unha lonxitude de 1,58 quilómetros e transcorre pola parroquia de Vilamelle (Pantón), onde enlaza no inicio coa N-120a e no final coa estrada de Sober.
Na LU-617 o proxecto contempla a realización de fresados localizados e reposición do pavimento a carril completo con mestura bituminosa en quente nas zonas deterioradas. Pola súa banda, na LU-611 e a LU-603 executarase a regularización do pavimento con mestura bituminosa nas zonas en mal estado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematados os sondeos xeotécnicos para definir os traballos a facer

Seguinte Nova

A Xunta licita a reparación da cuberta da Igrexa de San Vicente do Pino

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: