«A virxe roxa», Premio Mestre Mateo ao mellor Documental, proxectarase en Chantada, Sarria e A Pobra do Brollón

• Dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación

O filme “A virxe roxa”, Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, proxectarase na Pobra do Brollón, Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións coas que, da man da Academia Galega do Audiovisual, contribuímos á difusión do cine galego, tratando de fidelizar ao público e asentar unha demanda de producións audiovisuais en galego que repercuta positivamente no funcionamento dos circuítos comerciais a respecto da lingua”.
O filme “A virxe roxa”, dirixido por Marcos Nine, con Amalia Mato e Chema Gagino na produción executiva. conta un suceso que conmocionou á sociedade dos anos 30 do século pasado, protagonizado por Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, unha moza que con só 18 anos se convertiu nunha das feministas máis destacadas da Segunda República, pero que pasaría á historia por ser asasinada a mans da súa nai, incapaz de aceptar a súa emancipación.

DATAS
-A Pobra do Brollón: Xoves, 21 de abril. Casa da Cultura Olga Novo. 20:15 horas. Colabora Concello de A Pobra do Brollón.
-Sarria: Sábado, 23 de abril. Sociedade Recreativa La Unión. 19.00 horas. Colabora Cineclube Leslie Nielsen e Sociedade Recreativa La Unión.

-Chantada – Sábado, 23 de abril. Auditorio Municipal. 20.00 horas. Colaboran Airoá Comunicación e Concello de Chantada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Suma e Segue: Nova Sentenza gañada polo Concello de Monforte

Seguinte Nova

O PP alerta de que Monforte se desentende das persoas dependentes, coa porcentaxe máis baixa na atención a domicilio

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: