A Xunta licita a reparación da cuberta da Igrexa de San Vicente do Pino

• Un paso máis para terminar os traballos de restauración e conseguir a reapertura da igrexa que leva xa máis de dous anos pechada ao público

Imaxe das pinturas murales inéditas que apareceron tras o retablo maior. Foto IPCE.

Lonxe queda xa o mes de decembro de 2019 cando o Instituto de Patrimonio Cultural de España ( IPCE) comezou os traballos de conservación e restauración na igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino. Dende entón estivo pechada ao público. E non pola duración das devanditas obras, que xa remataron o pasado ano, senón polos danos causados na cuberta da igrexa por un temporal, e pola falta de iluminación adecuada, tendo en conta que durante os traballos de restauración levados a cabo por IPCE retirouse a existente, manifestamente obsoleta. Agora a Xunta de Galicia, dá o primeiro paso para conseguir unha pronta reapertura, coa licitación dos traballos de reparación da cuberta, cun orzamento de 115.700€, segundo confirmou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, nunha recente visita, quen explicou que se repararán os danos detectados, derivados fundamentalmente da súa localización exposta a situacións climatolóxicas adversas, especialmente fortes ventos que provocaron a perda de tellas, a rotura dalgunhas placas de fibrocemento e mesmo o levantado de elementos de impermeabilización. Faltaría aínda a instalación da nova iluminación para que a esperada reapertura sexa unha realidade, e que podan verse os traballos de restauración levados a cabo, e os novos descubrimentos que se fiexeron durante os mesmos, como a decoración que apareceu tras o retablo maior, unhas pinturas murais inéditas en bo estado de conservación e de gran interese histórico e documental, que representan elementos figurados, entre eles unha imaxe de Cristo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

1,5 Millóns de Euros para a mellora da seguridade viaria de tres estradas do Sur de Lugo

Seguinte Nova

O Concello renova a Pista Polideportiva da Compañía

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: