As máscaras deixan de ser obrigatorias en espazos interiores dende o 20 de abril

• Así se aprobou no Consello de Ministros do 19 de abril, medida que entra en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE)

O mércores 20 de abril é a data sinalada para que as máscaras, que nos acompañaron no noso día a día durante os últimos anos, deixen de ser obrigatorias tamén en interiores, dada a aposta do Ministerio de Sanidade por normalizar a convivencia co Covid á vista da evolución da pandemia e os índices de vacinación. Con todo, aínda existen voces discordantes que consideran arriscado retirar agora as máscaras, nun momento en que aínda hai un número elevado de contaxios e tamén está a aumentar o número de hospitalizacións. E algo de razón ten quen cuestiona esta medida, non en balde, o propio Goberno, anunciouna o pasado 6 de abril, pero decidiu pospoñer a súa entrada en vigor ata despois de Semana Santa, supostamente polo elevado número de viaxes e aglomeracións que se adoitan levar a cabo nestas datas. Isto é totalmente contraditorio. Deixar de adoptar medidas de protección contra o contaxio tería que ser unha medida exclusivamente sanitaria, e por tanto se o día 20 non hai riscos, tampouco debese habelos durante o período vacacional de Semana Santa. E o mesmo razoamento podería facerse en sentido contrario. Se había perigo de incremento de contaxios en Semana Santa, por que vai deixar de habelo a partir do día 20 de abril. Son preguntas sen resposta, ao igual, que outras dúbidas que xorden. Que pasará coas máscaras nas aulas? E nos centros de traballo? Sí parece que será obrigatoria no transporte público. Moitas máis dúbidas que certezas. Obviamente a cidadanía está cansa e desexosa de liberarse das máscaras. Con todo o número de contaxios diario é aínda elevado, máis tendo en conta que xa non se fan probas PCR como hai uns meses, e tampouco temos xa información diaria fiable nin sobre a evolución da pandemia, os ingreso en UCI, as mortes, nin os tipos de variantes que circulan. Xera unha certa alarma ver o que está a pasar de novo en China, en cidades como Shangai, totalmente confinadas e con cifras de contaxio nunca ata o de agora recoñecidas polas autoridades do país asiático. Chama a atención o alcance das medidas de loita contra o Covid que alí están adoptando, en contraposición coa crecente eliminación de prevención e restricións que aquí estamos a levar.
Oxalá acertemos nas decisións que tomemos respecto diso, non volva repetirse o vivido hai máis de dous anos, que tamén tivo o seu punto de partida en China.
O certo é que, independentemente da gravidade e a protección actual das vacinas occidentais, a maior número de contaxios, maior probabilidade de mutacións e, polo tanto, de que xurdan novas variantes que poidan superar a protección alcanzada. Aínda que só fóra por esta posibilidade, o recomendable debería ser manter a prudencia e tratar de diminuír ese risco. Pero non parece que esta sexa a decisión adoptada. Nin polos gobernantes, velaí a medida que entra en vigor o día 20, nin pola propia sociedade, non hai máis que ver as fotos das festas medievais, feiras do viño e demais que tivemos esta última semana, para comprobar que a cidadanía xa se adiantou a esta medida, e cada noite en restaurantes, pubs, concertos e lugares concorridos como campos de futbol, pavillóns deportivos, etc…a máscara xa era un mero ornamento do pasado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A exposición “Benjamín de Tudela”, na Casa de Cultura da Cultura Poeta Lois Pereiro ata o 29 de abril

Seguinte Nova

A Xunta informa ao centro de coordinación de alertas sanitarias do ministerio de sanidade de dous posibles casos de hepatite aguda infantil

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: