• O alcalde de Monforte José Tomé considera aos adegueiros da Ribeira Sacra, como os auténticos artífices do éxito da de denominación de orixe
Volveu a celebrarse, logo do obrigado parón pola pandemia a Cata Patrimonio 2022. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado de presidir no Centro do Viño da Ribeira Sacra o acto de entrega dos premios correspondentes á Cata Patrimonio 2022, logo de que esta cata se celebrara o pasado 26 de marzo.
O rexedor monfortino resaltou o valor do traballo dos adegueiros da Ribeira Sacra, recoñecéndoos como “os auténticos artífices que fan que hoxe os viños desta denominación teñan o recoñecemento e o éxito que teñen”.
O evento que xurdiu para apoiar a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade e conta coa colaboración do Concello de Monforte, consistiu nunha cata a cegas, onde un xurado conformado por enólogos de bodegas da zona, membros da Asociación Galega de Enólogos e prensa especializada degustaron distintas elaboracións dos viños presentados.
Na cata participaron 120 mostras de viño de máis de 50 adegueiros desta denominación de orixe, que supón máis do 90% das adegas da zona. José Tomé agradeceu ós organizadores e participantes a recuperación desta Cata Patrimonio e animounos a seguir adiante con iniciativas deste tipo. Finalmente, antes da entrega dos premios ás adegas gañadoras, o Alcalde tamén anunciou que o Concello xa está a traballar intensamente na organización dunha nova edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra, que se celebrará en Monforte a primeira fin de semana de xullo, dentro do calendario de actividades anual que o Concello recupera tras a incidencia da pandemia.
VIÑOS PREMIADOS
Os premios Gran Patrimonio serían equivalentes a unha medalla de ouro e o Patrimonios a unha medalla de prata. Os premios otorgados foron:
- Brancos Gran Patrimonio
- Tear D. Nilo
- Condado de Sequeiras
- Brancos Patrimonio
- As Glorias
- Peza do Rei Blanco
- Rosados Gran Patrimonio
- Emma
- Rosados Patrimonio
- Abadía da Cova
- Prómine
- Tintos Gran Patrimonio
- Cividade Edición Limitada
- Cruceiro
- Tintos Patrimonio
- MarcelinoI
- Adega Vella Black
- Tintos Barrica Gran
Patrimonio
- Os Conventos
- Tintos Barrica Patrimonio
- Don Bernardino Finca Mezquita
- Algueira Fincas.•