• As rúas da cidade acolleron a que é unha das probas deportivas máis importantes das que organiza o Concello, e contaron coa participación de 1.158 atletas
Tamén volveu o atletismo ás rúas de Monforte tras dous anos de parón polo Covid, e fíxoo ao grande. A Carreira Popular de Monforte contou coa participación de 1158 rexistrados, e o nivel competitivo foi alto nas diferentes categorías.
GRAN PARTICIPACIÓN
O Alcalde, José Tomé Roca, amosou a súa satisfacción tralo remate da 12ª edición da Carreira Popular de Monforte, porque “esta ciita deportiva resultou todo un éxito, tanto polo número de inscritos como polo gran ambiente de público, encheu a zona de saída e meta, na Compañía. O bo tempo tamén contribuíu a que a cita se celebrara sen contratempos”.
GAÑADORES
En categoría masculina absoluta, o gañador foi o ourensán Alejandro Fernández, mentres que na absoluta feminina, foi a deportista monfortina María Cedrón a gañadora. No resto de categorías os gañadores foron os seguintes:
-Prebenxamín masculina:
- Luca Rois Filomena.
-Prebenxamín feminina: - Laiene Iglesias Castrillo.
-Benxamín masculina: - Mauro Figueiras Hermilla.
-Benxamín feminina: - María Fernández Castro.
-Alevín masculina: - Hugo Quiroga Fernández.
-Alevín feminina: - Sara Pérez Pallín.
-Infantil-Cadete masculina:
1.Iker Fernández Codesido.
-Infantil-Cadete feminina: - Paloma López Moral.•