Inaugurada a segunda edición de “O Camiño Creativo – Xacobeo 21.22. Emprende”

• Nun espectacular concerto en catamarán, no que se estreou “ Meu Camiño”, fusionando a música coa paisaxe dos antigos viñedos mentres sucaba polos canóns do Sil

Imaxe do concerto.
Foto Montero.

O pasdado 13 de Abril, en plena Semana Santa, tivo lugar a presentación oficial da Segunda Edición de “O Camiño Creativo – Xacobeo 21.22. Emprende”, un camiño específico para emprendedores que poderán desenvolver o seu plan de negocio polas inspiradoras paisaxes que ofrecen as 10 Etapas do Camiño de Inverno que pasa pola Ribeira Sacra, do 5 ao 25 de xullo.
Trátase dunha iniciativa impulsada desde España Creativa e a Rede de Cidades e Territorios Creativos de España ( RECITCREA), que conta co apoio do Ministerio de Cultura a través das Axudas de Acción e Promoción Cultural 2021, coa colaboración da Xunta de Galicia desde a Consellería de Cultura e da Deputación de Lugo. Unha iniciativa aprobada polo Consello Xacobeo e incorporada á súa programación oficial como evento de excepcionalidade pública.
A inauguración desta nova edición do Camiño Creativo tivo lugar nun catamarán que partiu do embarcadoiro Ponche do Sil (Monforte de Lemos) e contou coa presenza de diversas autoridades, entre elas dos 10 concellos do Camiño de Inverno, coa confirmación do Presidente da Deputación de Lugo, José Tomei e do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, ademais da Presidenta de España Creativa, Belén Elisa Díaz e os medios de comunicación.
Foi unha experiencia única, na que a música tivo grande protafonismo, fusionándose coa paisaxe dos antigos viñedos da Ribeira Sacra, cun espectacular piano de cola sobre o catamarán a travesando eses canóns do Sil, da man do compositor e músico, Juan Antonio Simarro, a voz da cantante e compositora galega, Rocío Caamaño, con acompañamento de gaitas de Javier Franco e Christian Castrelo e do arcodeonista Fernando Fraga. Estreouse a música de “ Meu Camiño”.
Con posterioridade, houbo un concerto aberto ao público na Igrexa de Cadeiras (Sober), tamén con Juan Antonio Simarro acompañado doutros 6 músicos, quen interpretaron entre outras pezas “Sinfonía para un mundo mellor”, nun contexto global que pide unha aposta pola paz e o respecto á natureza, para alcanzar o desenvolvemento sostible.
Finalmente tivo lugar unha cata de viños da Ribeira Sacra, grazas aos adegueiros da zona e á colaboración do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

QUE É O CAMIÑO CREATIVO?
Trátase dunha proposta informativa para emprendedores, aos que ao longo das diferentes etapas do Camiño, llo ofrecerán unha serie de talleres formativas e charlas que facilitarán o desenvolvemento do proxecto dos participantes. O Camiño Creativo poderase realizar en modalidade Presencial, Semipresencial, Virtual ou Por Etapas independentes e recoñécense créditos universitarios polo seu Plan de Formación.
Esta Segunda Convocatoria estará aberta ata o 15 de Maio e aqueles Emprendedores interesados poderán consultar a convocatoria na propia web: www.elcaminocreativodesantiago.es.
España Creativa está presidida pola monfortina Belén Elísa Díaz Pérez, Doutora Economista en Organización de Empresas. Especialista en Economía Creativa e Economía Urbana, Xestión Cultural e Desenvolvemento Territorial. Profesora Asociada da Universidade Carlos III, Economía Aplicada. Profesional da arte e da Educación Artística. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, Licenciada en Belas Artes, Estudos Superiores de Arquitectura, Música e Piano. Directora do Máster en Economía Creativa, Cidades e Innovación da Universidade Rey Juan Carlos. Directora do Fórum de Cidades e Territorios Creativos de España.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito de participación da XII Carreira Popular

Seguinte Nova

O Korbis, campión galego infantil masculino e feminino

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: