O Concello renova a Pista Polideportiva da Compañía

• Substituíuse o pavimento de céspede artificial e levouse a
cabo a mellora da malla metálica e instaláronse 4 canastras de
baloncesto e 2 porterías antivandálicas novas

Acto inaugural da reforma da Pista Polideportiva de A Compañía. Foto GPCM.

O Concello de Monforte completou, cos traballos recentemente terminados da renovación da Pista Polideportiva, o conxunto de actuacións previstas polo equipo de goberno en toda a zona da Compañía, e que incluiron desde unha pista de skate, a construcción dun novo parque infantil e a reparación da fonte cibernética. En conxunto, o Concello destinou preto de 310.000 Euros a todas estas intervencións, nunha das zonas de esparcemento e lecer máis transitadas da cidade.
No acto inaugural participaron, ademais do Alcalde José Tomé, a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, de Tecnoloxía e Innovación, Guillermo Díaz, de Medio Ambiente, Miguel Tomé, e a concelleira de Consumo, Regina López, así como polo técnico municipal de Deportes, Óscar Rodríguez e representantes da empresa encargada de levar a cabo as actuacións en dita pista.
O rexedor monfortino destacou que “esta nova actuación permítenos contar dende hoxe nesta pista polideportiva cun pavimento de céspede artificial totalmente renovado. Tamén melloramos a malla metálica desta instalación deportiva municipal, que é moi utilizada por atoparse nunha zona moi céntrica da cidade, á que tamén dotamos de 2 porterías antivandálicas e 4 canastras de baloncesto novas”.
Os traballos foron realizados pola empresa Calfensa SL, e contou cun orzamento de 48.279 euros, provintes de fondos municipais.
A actuación consistiu na reparación e corrección de baches de soleira de formigón, na renovación do seu pavimento de céspede artificial e renovación e mellora de malla metálica, así como na instalación de renovados elementos de xogo, como son 4 canastras e 2 porterías antivandálicas.
Ademais, nas proteccións metálicas de detrás das porterías renovouse a antiga malla metálica e mellorouse o estado dos tubos de suxeición desta, por medio do lixado e pintado dos mesmos.
A pista polideportiva xa quedou aberta para o disfrute dos seus usuarios, unha vez rematada a que se agarda sexa a primeira das melloras tan necesarias nas maltreitas e antigas instalacións deportivas da cidade. O vetusto Pavillón Polideportivo da Pinguela, a piscina ou a pista do Viveiro tamén piden a berros unha actualización. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta licita a reparación da cuberta da Igrexa de San Vicente do Pino

Seguinte Nova

Suma e Segue: Nova Sentenza gañada polo Concello de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: