Os deportistas do Neka, ya están en Corea, á espera da súa participación no Mundial de Goyang 2022

• A Vicepresidencia da Deputación financiou a viaxe a Corea dos deportistas do Neka Monforte

Os deportistas do Neka que desputarán en Corea o Campionato do Mundo, xunto con Efrén Castro e Xose Antón Ledo. Foto GPVDL.

Non foi fácil para o Neka de Monforte conseguir os fondos necesarios para que os oito deportistas clasificados puidesen viaxar a Corea e competir no Campionato do Mundo Goyang 2022. Levaban varios meses traballando sen descanso, non só, na preparación deportiva, senón na procura de apoio financeiro, que finalmente obtivo recompensa mercé, entre outros, ao apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Aitor Teijeiro Elidio, Lucía Roca Rodríguez, Karla Novo Taboada, Laura Álvarez Suárez, Marco García Martínez, Daniel Areán Grejs, Alejandro Losada Rodríguez e Carlos Rey Cuadrado xa están en Corea, onde competirán en seis categorías de modalidade técnica, marcando así un fito na historia do club monfortino, creado en 1996 por José María Vega Sánchez.
O deputado de Deportes Efrén Castro, asistiu a un dos últimos adestramentos dos mundialistas que recibiron unha achega da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para facer fronte aos gastos de desprazamento. Efrén Castro felicitounos polo “traballo feito para conseguir un oco entre a elite do taekwondo mundial” e trasladoulles “o apoio da área de Deportes de cara a cita en Corea”.
No Campionato Mundial de Poomsae de Taekwondo Goyang 2022, hai un récord de participación con 784 atletas e 194 oficiais de 62 países (Asia 20, Europa 21, América 14, África 7, Oceanía 1) que competirán no evento. O torneo levarase a cabo no Centro Internacional de Exposicións de Corea (KINTEX) na cidade de Goyang a partir do 21 ao 24 de abril. Trátase do maior número de países participantes desde que se celebrou a edición inaugural en 2006. A cerimonia de apertura o 21 de abril contará con arte multimedia, unha pantalla de luces LED creativa e colorida e unha actuación do equipo de demostración de World Taekwondo. O Campionato Mundial deste ano suporá recuperar a proba dende a edición de Taipei 2018, xa que o Campionato de Herning 2020 cancelouse debido a COVID-19.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Korbis, campión galego infantil masculino e feminino

Seguinte Nova

Rematados os sondeos xeotécnicos para definir os traballos a facer

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: