Os seis instagrammers no camiño chegan a Compostela, conseguindo máis de 27 millóns de impactos

• Fixeron as cinco últimas etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata contándolle aos seus máis de 3,6 millóns de seguidores a súa experiencia

Os instagrammers á súa chegada a Compostela. GPXG.

A segunda edición de Instagrammers no Camiño pechouse duplicando os impactos da primeira, con máis de 27 millóns de impactos conseguidos a través das máis de 400 publicacións realizadas polos seis instagrammers que participaron. Os cantantes Luis Cepeda e Roi Méndez, a actriz Cristina Castaño, e os influencers Xurxo Carreño, Natalia Maquieira e Tamara García Romero foron os participantes nesta ocasión, e a súa experiencia foi seguida por milleiros de persoas durante as cinco xornadas en que percorreron os 100 últimos quilómetros do Camiño Mozárabe-Vía da Prata para conseguir a Compostela, entre o 31 de marzo e o 3 de abril.

LIKES E COMENTARIOS EN INSTAGRAM, TWITTER E TIKTOK
Durante o Camiño os seis subiron vídeos e publicacións á súas contas de Instagram acadando máis de 9 millóns de visualizacións nas publicacións que fixeron nos seus muros e máis de 600.000 likes e preto de 8.000 comentarios nas fotos e vídeos que foron subindo durante a experiencia, baixo os cancelos #GaliciaDestinoSeguro e CamiñaAGalicia, promovendo que os seguidores agardaran con expectación as novas historias e incluso cancións que foron saíndo durante as xornadas do Camiño.
As historias dos seis participantes tamén tiveron repercusión tanto nos medios convencionais como noutras redes sociais, como Twitter ou TikTok, onde as súas experiencias foron seguidas por máis de 4 millóns de persoas.
A iniciativa volveu ser todo un éxito e, de feito, a conta oficial do Camiño de Santiago en Instagram @camiño_xacobeo incrementou en case 2.000 novos seguidores e os seus contidos foron visualizados por máis de 200.000 persoas durante estas cinco xornadas.


PROMOCIÓN DO CAMIÑO
O vicepresidente primeiro da Xunta destaca que a iniciativa mantivo a súa esencia de transmitir a mensaxe de que Galicia está de moda. “Axudounos a promocionar Galicia como un destino seguro para desfrutar tanto como turista ou como peregrino da natureza, de espazos abertos e de pouca masificación como demandan na actualidade os visitantes”, asegurou.
Con esta acción, que demostrou ser todo un éxito, Alfonso Rueda incidiu en que a Xunta segue a sumar iniciativas de promoción do destino Galicia, do Camiño a Santiago e do Xacobeo en todos os formatos e para todo tipo de público, neste caso para “animar á mocidade a camiñar a Galicia neste Ano Santo a través dunha das redes sociais que máis empregan”.
De feito, esta segunda edición de Instagrammers no Camiño únese á campaña Camiña a Galicia, que tamén foi todo un éxito e ás campañas de promoción previstas a nivel internacional para atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo.
A experiencia Instagrammers no Camiño xerou tamén un forte vencello entre os participantes e xerou unha corrente positiva arredor do Camiño.
Cada un co seu estilo e público, impactaron en milleiros de persoas que descubriron da súa man un xeito de facer o Camiño diferente polo que a experiencia foi tamén moi gratificante para todos eles, que seguiron subindo contido e respondendo preguntas ao longo desta semana, despois de completar o Camiño.
Ademais, nas súas contas os participantes fixeron un destacado no seu perfil para reunir toda a experiencia do Camiño, onde está recollida todas as stories que foron compartindo, e que está visible para os centos de persoas que diariamente visiten os perfís destes destacados influencers galegos.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fíxolle entrega aos seis participantes de Instagrammers no Camiño das súas correspondentes Compostelas que acreditan que fixeron polo menos os últimos 100 quilómetros ata Santiago, neste caso as últimas cinco etapas do Camiño Mozárabe-Vía da Prata. Nava Castro destacou precisamente o éxito desta iniciativa, que permite achegar a celebración do Xacobeo 21-22 de diferente xeito, a públicos de moi diferentes tipos, descubríndolles que o Camiño é unha experiencia que se pode facer durante todo o ano e que hai moitos itinerarios para percorrer e seguir descubrindo Galicia, cada un dun xeito diferente. “Fixémolo empregando talento 100% galego, que é o que temos que poñer en valor e por iso contamos con seis galegos e galegas con peso nas redes sociais. Algúns xa coñecían o que era facer o Camiño pero non a Vía da Prata e coido que levan unha experiencia moi gratificante e, sobre todo, moi humana”, asegurou a directora de Turismo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP alerta de que Monforte se desentende das persoas dependentes, coa porcentaxe máis baixa na atención a domicilio

Seguinte Nova

Entregados os Premios da Cata Patrimonio 2022

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss