Rematados os sondeos xeotécnicos para definir os traballos a facer

• O BNG acada o compromiso da Axencia galega de Infraestruturas para que inicien as obras, tras o derrube de parte da estrada que une Quiroga e Folgoso do Courel, no mes de maio

Imaxe dos sondeos levados a cabo por Eptisa na Estrada LU-651. Foto GPXG..

Esta vía de acceso ao Courel desde Quiroga permanece cortada ao tráfico como consecuencia do desprendemento rexistrado á altura do quilómetro 18 da estrada LU-651, entre Santa Eufemia e Folgoso, o pasado 20 de marzo. A Xunta vén de realizar unha campaña de sondeos xeotécnicos na zona do afundimento da estrada, na súa chegada a Folgoso de Courel, para definir as obras necesarias para restituír a vía. O obxectivo destes traballos é coñecer en profundidade o estado e o comportamento do terreo co fin de poder avaliar a viabilidade das distintas alternativas para o restablecemento da conexión viaria.No marco destas intervencións, tamén se realizou estes días un levantamento topográfico coa axuda e a utilización de drons. Unha vez obtida esta información, a Xunta agarda que nas vindeiras semanas se poida determinar a alternativa elixida e un calendario de realización das obras.
OBRAS EN MAIO
A parlamentaria do BNG, Carme Aira acadou o compromiso do Director Xeral da Axencia galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez Iglesias, sobre a data e orzamento das obras de reparación tras o derrubamento de parte da estrada que une Quiroga e Folgoso do Courel.
Tras as preguntas da nacionalista, Menéndez Iglesias confirmou que darán comezo no mes de maio e rematarán no verán cun orzamento do 770.000 euros. Unha vez máis, recalcou Carme Aira, “o rural e a montaña lucense vese abandonados” ante un o perigo para as persoas e o propio territorio. Só o azar, recalcou a deputada do BNG evitou “un drama humano na principal estrada do Caurel pola que pasan criaturas para escola e traballadores da propia canteira”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os deportistas do Neka, ya están en Corea, á espera da súa participación no Mundial de Goyang 2022

Seguinte Nova

1,5 Millóns de Euros para a mellora da seguridade viaria de tres estradas do Sur de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss