Suma e Segue: Nova Sentenza gañada polo Concello de Monforte

• A Xustiza dálle novamente a razón ó Concello e denega a Construcciones y Contratas Sánchez S.L. a suspensión do requirimento de desaloxo polos terreos da Zona C

Segue o Concello de Monforte a obter boas novas dos conflitos xudiciais nos que está inmerso. Agora, o Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo vén de fallar ao seu favor a través do auto relativo ó recurso contencios administrativo PO 42/2022 interposto por Construcciones y Contratas Sánchez S.L., “polo que o xulgado lle denega a suspensión cautelar solicitada por esta empresa de suspensión do requerimento de desaloxo dos materiais que ten na súa finca, incluída dentro do Proxecto de Parcelación de Cobas, que coñecemos coma Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas.
O Auto recolle que “una vez que se ha frustrado la medida cautelar de suspensión de la ejecución del proyecto de reparcelación y una vez que su aprobación faculta a la Administración para proceder a la ocupación de los terrenos, la única posibilidad de proceder a la suspensión cautelar de la orden de retirada de materiales es que ella en sí, no como ejecución del acuerdo anterior, implicase una infracción fragante del ordenamiento jurídico. (…) Dado que ni siquiera se ha presentado alegación alguna que se circunscriba a este requerimiento, la medida cautelar ha de ser rechazada”. O Alcalde José Tomé amosou a súa satisfacción “por este novo auto que sigue dando a razón ó Concello ante as demandas presentadas por Construcciones y Contratas Sánchez S.L., empresa recentemente perdeu outra sentenza ante este Concello (Auto 112/2021 do 1 de decembro de 2021), na que a xustiza determinou a prevalencia do interese público fronte o particular da finca propiedade de dita empresa, logo de que establecera medidas cautelares condicionando á empresa á presentación dun aval solidario cuxa contía debería cubrir o importe dos perxuízos da non execución da obra, cifrada en 350.116,75 euros, aval que non foi presentado”. O rexedor subliña que “seguimos adiante, amparados pola legalidade e pola xustiza, co proceso construtivo que iniciamos a mediados do pasado mes de febreiro para urbanizar e dotar de servizos á Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas, proxecto que cambiará a fisionomía da nosa cidade”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello renova a Pista Polideportiva da Compañía

Seguinte Nova

«A virxe roxa», Premio Mestre Mateo ao mellor Documental, proxectarase en Chantada, Sarria e A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: