Unha espectacular edición da Feira Medieval abarrotou as rúas de Monforte

Foto Pili Chaos

Volvía a Feira Medieval a Monforte dous anos despois. As expectativas eran boas, as previsións meteorolóxicas excelentes, o nivel de reservas nos establecementos hostaleiros da comarca altas, como a aposta do Concello de Monforte, incrementando notablemente o orzamento da Feira. Tamén había na cidade gañas de participar e recuperar un evento que en menos de vinte anos, esta era a XVIII edición, consolidouse no calendario festivo da cidade. Pero o que se viviu en Monforte esta pasada fin de semana superou todo o esperado. As rúas enchéronse de animación e colorido, a afluencia de visitantes foi masiva, e os veciños de Monforte, comerciantes e hostaleiros envorcáronse para crear o ambiente idóneo para que a algarabía e a cor deixasen atrás estes dous anos de escuridade. A animación nas rúas foi espectacular, e xunto coas

xa tradicionais Xustas Medievais que encheron de público o campo de terra dos Escolapios, o Campamento Infantil Medieval preto do convento das Clarisas, o espectáculo de aves de rapiña e cetrería que este ano celebrouse no Campo de San Antonio, a queima da fachada do Pazo dos Condes de Lemos, a solta dos Faroliños de papel, este ano un dos protagonistas da Feira, foi sen dúbida o Gran Dragón, que percorreu dende a praza de España as principais rúas da Feira, tanto o sábado coma o domingo.
O Alcalde de Monforte, José Tomé agradeceu a labor da Asociación de Artesáns de Monforte, unha colaboración importantes xa que son os que se encargarán da montaxe do estrado na praza de España para os diferentes actos, así coma da elaboración dos elementos decorativos para rúas e prazas.
Tamén o Parador de Turismo recuperou a súa presencia na Feira coas Comida e Cea Medieval.
E tamén o Mercado Medieval, que contou con 103 postos de artesanía, alimentación o comercio tivo protagonismo.
Todo un exemplo, unha boa mostra, de que, a implicación dun pobo é garantía de éxito. •

De esquerda a dereita e arriba a abaixo: Justas a cabalo (Foto Pili Chaos). Paseo do alcalde José Tomé polas rúas da Feira (Foto Montero). Espectáculo de luz e cor (Foto Pili Chaos). Faroliños e lúa (Foto Pili Chaos). Fogos Artificais (Foto Montero). Espectáculo de fogo (Foto Pili Chaos).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Logo das Feiras do Viño de Amandi e Quiroga, chegan as de Vilachá, Pantón e Chantada

Seguinte Nova

Nova páxina web de turismo do Concello de Sarria

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: