A Ribeira Sacra tivo un 86% de ocupación na Semana Santa

O Parador de Monforte de Lemos rexistrou unha alta ocupación na Semana Santa. Foto Paradores.

A masiva presenza de turistas nas rúas durante a Semana Santa xa facía prever que os datos de aloxamento na Ribeira Sacra ían ser bos. E os datos aportados polo Consorcio Turístico corroboran esta impresión. O conxunto de aloxamentos acadou unha ocupación media dun 80% durante os días previos aos festivos e do 93% de xoves a domingo,sendo os hoteis de 4 e 3 estrelas, xunto coas vivendas turísticas os establecementos que rexistraron maiores ocupacións. As choivias dos primeiros días non provocaron “cancelacións de última hora” por mor da meteoroloxía. A ocupación desta Semana Santa en Ribeira Sacra é a máis alta dende que se teñen rexistros; un 4% máis de ocupación nos días previos e un 3% nos días centrais en relación a 2019.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O rei Felipe VI visita Sarria

Seguinte Nova

A tempada de caza estenderase do 16 de outubro deste ano ao 6 de xaneiro de 2023

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss