A Xunta destina 26 millóns de Euros a dúas liñas de axudas dirixidas a particulares para a rehabilitación de vivendas

•O programa a nivel de edificio prevé subvencións de ata 30.800 € para mellorar a eficiencia enerxética dos inmobles e as axudas para redactar proxectos de rehabilitación e o libro do edificio chegarán ata os 30.000 €

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo nunha intervención no marco do #ConstruíndoFogar. Foto GPXG..

A Xunta de Galicia destinará este ano máis de 26 millóns de euros a dúas novas liñas de axudas en materia de rehabilitación residencial, Trátanse, concretamenet, do chamado programa a nivel de edificio, dotado de 22,9 millóns de euros, e do destinado á redacción de proxectos de rehabilitación e para a elaboración do libro do edificio en inmobles xa existentes, cun orzamento previsto de 3,4 millóns de euros. Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no marco dun dos encontros informativos #ConstruíndoFogar organizados polo seu departamento e cos que percorre diferentes comarcas galegas co fin de dar a coñecer entre os seus potenciais beneficiarios o conxunto de subvencións en materia de vivenda que se convocarán ao longo de 2022.
A conselleira explicou que co programa a nivel de edificio o obxectivo é apoiar a mellora da eficiencia enerxética mediante actuacións como a renovación de cubertas e de fachadas de edificios residenciais colectivos e vivendas unifamiliares, sempre que se garanta un aforro mínimo do 30%. O importe máximo será de 30.800 euros, en caso de incluírse a retirada de elementos con amianto.
Así mesmo, a outra liña nova para recuperar inmobles xa construídos prevé incentivos de ata 30.000 euros para a redacción de proxectos de rehabilitación integral e dun máximo de 3.500 euros para a elaboración do libro do edificio.
Ademais, estas axudas sumaranse ao programa xa convocado para a rehabilitación a nivel de vivenda, a través do cal se poden financiar pequenas actuacións de eficiencia enerxética, como o cambio de ventás, con axudas de ata 3.000 euros. Esta liña está dotada dun orzamento global de 13,5 millóns de euros e aínda se pode solicitar ata o 14 de outubro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

«Emprego 30 días» contribúe á empregabilidade dos galegos

Seguinte Nova

BNG e PP sacan adiante unha moción na Deputación de Lugo contra o recorte dos servizos de transporte público estatal

Últimas noticias sobre AXUDAS

A %d blogueros les gusta esto: