A Xunta investirá 4,8 millóns de euros nas industrias culturais galegas

• Por primeira vez haberá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros , especificamente dirixida ao desenvolvemento e promoción do talento musical galego

Reunión do Conselleiro cos representantes do sector musical.
Foto GPXG.

As industrias culturais galegas son as destinatarias dun investimento de preto de 4,8 millóns de euros, que a Xunta de Galicia canalizará a través de cinco convocatorias de subvencións que serán publicadas ao longo das próximas semanas. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, quen recibiu na Cidade da Cultura de Galicia unha representación da industria musical galega para lle avanzar os detalles dunha destas liñas de axudas, especificamente dirixida ao desenvolvemento e promoción do talento musical galego e que suporá unha inxección económica directa de 1,2 millóns de euros, sen precedentes neste ámbito. Articularase como unha convocatoria da Xunta de Galicia a través do seu Hub Audiovisual da Industria Cultural, que se abre deste xeito ao sector da música despois de ter posto en marcha varias accións específicas para o audiovisual e os videoxogos. Dentro deste mesmo programa extraordinario, está prevista a inminente publicación da segunda quenda do fondo de atracción de rodaxes cun orzamento de 2M€, así como dunha orde de subvencións para o desenvolvemento de videoxogos con 500.000 euros,
O conselleiro anunciou, así mesmo, outras dúas próximas convocatorias de axudas no ámbito cultural, das que tamén se poderán beneficiar empresas e proxectos musicais. Dunha banda, a creación do programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas rurais. Esta nova vía de apoio arrancará cunha dotación inicial de preto de 630.000 euros e terá continuidade a finais deste mesmo ano cunha segunda convocatoria polo mesmo importe. Doutra banda, a publicación o 29 de abril da convocatoria anual de axudas ás actividades de distribución para as industrias culturais, cun fondo de 460.000 euros, dos que a metade corresponde á música.
Este novo Territorio Cultura ten como prioridade o reforzo do tecido cultural galego máis alá dos grandes núcleos urbanos a través de iniciativas que se desenvolvan do 1 de xaneiro de 2022 ao 31 de marzo de 2023 en concellos de non máis de 30.000 habitantes e cunha densidade máxima de 100 habitantes por km2.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezou o XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte

Seguinte Nova

Quen coida ás coidadoras de persoas dependentes ou con discapacidade?

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss