Constituida a comisión de seguimento da Unidade de Atención Temperá

• Na xuntanza de Quiroga, na que se reuniron os alcaldes ou representantes de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón e Pantón

Alcaldes e representantes dos concellos que forman a Comisión de Seguimento da Unidade de Atención Temperá. Fotos CQ.

Vense de constituir na xuntanza que tivo lugar en Quiroga, a comisión mixta de seguimento da recentemente posta en marcha Unidade de Atención Temperá. Contou coa participación de todos os alcaldes ou representantes dos oito concellos que conforman a súa área de influencia. Durante a reunión informouse de como se está desenvolvendo este servizo. Decidiuse que as reunión da comisión sexan periódicas anuais, aínda que se estea permanentemente en contacto cos servizos sociais dos concellos.

AMPLA COBERTURA
O que comezou sendo un centro para a atención dos nenos dos concellos da comarca de Quiroga é xa un referente na zona sur da provincia de Lugo e da servizo aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Folgoso do Courel, Bóveda, O Saviñao, Sober, A Pobra do Brollón e Pantón. A totalidade dos concellos do partido xudicial de Monforte, agás a propia capitalidade da comarca, Monforte de Lemos.

MONFORTE SEN
UNIDADE DE ATENCIÓN TEMPERÁ MUNICIPAL
Nesta cidade existe unha unidade de atención temperá no Hospital Comarcal, e aínda que son moitas as voces que reclaman ao seu alcalde José Tomé a posta en marcha dunha unidade de caracter municipal, logo de que a Xunta puidese chegar a subvencionar ata o 90% dos costos dos seus traballadores, e poderíase complementar o seu desempeño co da unidade ya existente no Hospital Comarcal, o certo é que dende o Concello, apostouse por reclamar a potenciación da unidade existente, esixindo á Xunta que incremento os recuros e medios que está a aplicar á mesma, non contemplando polo de agora, solicitar a posta en marcha dunha unidade municipal propia.

MÁIS SERVIZOS, MELLORES INSTALACIÓNS E MÁIS PERSOAL
Mentres tanto, a realidade é que en pouco máis dun ano, dende a posta en marcha en setembro do 2020 (cunha achega de 12.296 € da Xunta de Galicia) na Unidade de Atención Temperá de Quiroga, non só se triplicou o número de concellos que se adheriron a este servizo se non que conta cunhas novas instalacións -creadas especificamente para esta atención- e duplicou o seu cadro de persoal. Tamén se incrementaron considerablemente as achegas da Xunta de Galicia para este servizo que no 2021 foron de máis de 100.000 €.
Aínda que está centralizado en Quiroga, conta ademais cunha delegación no concello do Saviñao, para facilitar a atención dos menores reducindo o desprazamento dos usuarios desta zona.
Na Unidade de Atención Temperá, que serve para identificar, previr e actuar sobre os trastornos no desenvolvemento que poidan sufrir os nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, contase con dous psicólogos, dous logopedas, un fisioterapeuta e un terapeuta ocupacional especializados en desenvolvemento infantil e atención temperá.
A atención neste servizo, – ao que poden acudir os nenos sen que teñan problemas definidos, se non para axudarlles a un desenvolvemento evolutivo adecuado-, é principalmente a través do servizo de pediatría, que fai o diagnóstico previo, en función do cal derivará a familia á unidade de atención temperá máis axeitada para o caso. Tamén os centros educativos ou as propias familias poden poñerse directamente en contacto con este servizo para que os informen de cal é o proceso a seguir.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Centro de Maiores de Ribas de Sil estará aberto antes de fin de ano

Seguinte Nova

Volta a Feira do Viño de Vilachá,
logo chegarán as de Pantón e Chantada

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: